Que é o Teito do Petróleo (ou «Peak Oil»)?

Nesta páxina faremos unha pequena introdución ao tema, con ligazóns para ampliar información nos seus diversos aspectos.

Qué o Teito (ou Cénit ou Pico) do Petróleo?

É o momento a partir do cal cada ano se producirá menos petróleo. É un inevitable fenómeno xeolóxico para o que o non estamos preparados, o primeiro choque do imposible crecemento económico perpetuo contra os límites naturais do Planeta, que levará en poucos anos ao colapso da civilización industrial ou ben a unha Gran Transformación socioeconómica e cultural de volta a un consumo enerxético sustentable.

Xa estamos no cénit do petróleo (ou practicamente)

Que consecuencias terá?

Que se pode facer?

Algúns artigos recomendados

Por que Teito no canto de Cénit ou Pico?

En palabras de Xoán Doldán:

[falar de] teito e non tanto de cénit non me parece mal xa que remite a un límite que non se vai sobrepasar e a noción de límite en economía é moi importante, afeitos como estamos os economistas a pensar nun mundo sen límites. O cénit tamén é referido ao punto máis alto, ao cumio, máis para os economistas ortodoxos entregados á idea do crecemento sen fin, unha montaña de produto sempre pode ser superada por unha montaña de produto maior fruto da construción humana. A falacia da tecnoloxía como solución universal a calquera límite presente é un lugar recurrente para superalos. O teito semella máis unha tampa que impide sobrepasalo. Esta cousa das palabras remitíndonos a imaxes acho que é moi útil para os economistas que somos xente máis ben simplona (se ben non somos os únicos).

Para Casdeiro:

O de teito é unha palabra que comunica moito mellor que cénit, que a maioría da xente non sabe o que é.

[Aínda que noutras linguas está extendido o de Pico e Cénit] eu non concordo porque un pico é unha elevación dunha medida calquera, nun determinado periodo, valor que se pode repetir ou non. Teito é miña preferencia, mesmo por riba de cénit, porque dá:
a) A idea dun punto único que non se repite, ao contrario que pico.
b) Dá unha idea de límite, de bater con algo, cunha limitación, ao contrario que cénit que ten unha connotación mesmo positiva na lingua.

Por que en maiúsculas?

Porque é un nome propio que representa un momento histórico, e como tal, os consellos estilísticos máis comúns no galego aconsellan escribilo con ambos os dous substantivos en maiúscula: Teito do Petróleo.

Máis información

Unha curtametraxe de animación en galego para explicar o Peak Oil e as súas consecuencias

49 reflexións sobre “Que é o Teito do Petróleo (ou «Peak Oil»)?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.