Constitúese a asociación Véspera de Nada

Vimos de constituirnos como asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo na cidade de Compostela, co seguinte obxectivo definido nos nosos estatutos:

É o fin desta asociación a difusión entre os galegos e galegas de conceitos e actividades que teñan interese potencial para Galiza nun contexto presente e futuro de escaseza de petróleo. Eses conceitos abranguerán, entroutros:

  • autosuficiencia enerxética
  • transicion enerxética postfosilista
  • enerxías renovables
  • autosuficiencia alimentar
  • agricultura e gandeiría ecolóxica
  • recuperación de saber tradicional
  • economías locais e alternativas
  • sistemas de troco e moedas alternativas
  • permacultura
  • vida frugal, desconsumo
  • ecoaldeas
  • construción tradicional
  • construción bioclimática
  • recuperación de aldeas abandonadas
  • retorno ao campo
  • horticultura urbana e periurbana
  • sustentabilidade
  • decrecemento controlado
  • etc.

As súas actividades tentarán tender pontes, crear redes e sinerxias e apoios mutuos entre os proxectos que outros colectivos e persoas leven a cabo nesas áreas; e informar á poboación en xeral sobre os beneficios que tales proxectos que poden supoñer para minguar os efectos sociais, económicos, ecolóxicos e de toda índole que implicará para Galiza a chegada ao denominado “cénit ou pico da produción de petróleo” e efectos derivados ou colaterais ao mesmo. Tamén traballará para concienciar á sociedade galega en xeral sobre eses efectos así como sobre as maneiras de previlos e/ou evitalos. Tentará achegar recursos culturais, intelectuais, formativos, informativos, divulgativos e de todo tipo aos galegos e galegas para poder faceren fronte e resistiren o impacto social e económico do fenómeno.

Se che interesa unirte ou colaborar connosco de calquera maneira, escríbenos a vesperadenada ARROBA redegalega PUNTO org.

2 thoughts on “Constitúese a asociación Véspera de Nada

  1. Xabier
    22 Febreiro, 2009 at 11:42 p.m.

    Olá!. Gostaría de saber qué persoas concretas forman a Xunta Directiva da organización.
    Gracias, un saudo.
    X

  2. alexlg
    2 Marzo, 2009 at 9:58 p.m.

    A xunta directiva está formada por Manuel Casal, Pedro Silva e Alejandro López.
    Saudos,