Trasmitimos convocatoria do colectivo Permacultura Galiza:
Estimad@ amig@:
Co lema “Encarando o Cenit do Petróleo”, recentemente vense de publicar un “Manual para Rodar con Aceite Vexetal”, realizado por César Lema Costas; así como un vídeo producido por PachacutiMedia, DVD “Reciclaxe de aceite vexetal para uso como combustible en vehículos diesel”, que amosa dúas experiencias prácticas levadas a cabo por César Lema e Antonio Palma.
Entre as distintas alternativas de uso de tecnoloxía axeitada para vehículos diesel, cunha significativa reducción das emisións de CO2, atópase o método PANTONE coa súa proposta do MOTOR DE AUGA.
En 1998, Paul Pantone, un enxeñeiro norteamericano de 48 anos, patentaba un artiluxio baixo o nome de “procesador multicarburantes GEET” (Global Environmental Energy Technology). A patente número US005794601A1, consitía nun reactor instalado nun motor diesel que modifica o sistema de admisión, permitindo funcionar cunha mestura dun 80% de auga e un 20% dun hidrocarburo, que pode ser aceite vexetal usado. No reactor, o osíxeno e o hidróxeno do auga disócianse, tamén disócianse os compoñentes do hidrocarburo e o resultado é menor ruido, menor contaminación e menor consumo de carburante. O CO2 emitido redúcese ata un 90% con respecto a un motor convencional.
O técnico francés Lilian Bertet, leva os últimos anos realizando instalacións deste sistema en distintos motores disel ao longo do planeta.
En distintos lugares de África, Sudamérica e Europa, están xa en funcionamento motores disel modificados co método PANTONE. Lilian Bertet é asemade o presidente da asociación francesa “Roule ma Fleur”, pioneira en Europa polo uso de aceite vexetal en vehículos diesel e inspiradora das experiencias amosadas nos materiais publicados polo grupo de PermaCultura na Galiza.
O vindeiro sábado 25 de outubro, Lilian Bertet va a realizar unha modificación dun motor dun tractor convencional con este método na Galiza. Será no espazo do restaurante O Fogar do Santiso, situado en Trasellas-Luou, Concello de Teo.
A actividade comezará ás 10 da mañá.
Estarán a participar:
- Lilian Bertet – Presidente da Asociación “Roule ma Fleur”
- César Lema – Doutor en Bioloxía e Permacultor, autor do “Manual para Rodar con Aceite Vexetal”
- Luis Bascuas – Técnico especialista en Automoción
- Marcos Vázquez – Presidente de AGAMAC (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica)
- Manuel Amigo – xerente do taller “Constantino Amigo SL”, pioneiro na Galiza en realizar modificacións de motores diesel para rodar con aceite vexetal
- …..
Asistirán tamén distintas persoas de organizacións e entidades relacionadas
coa soberanía alimentaria e enerxética.Agradecemos á Asociación Cultural “OS AMAEIOS” e ao restaurante “O FOGAR DO SANTISO”, pola súa colaboración na realización desta actividade.
Restaurante “O Fogar de Santiso” (mapa de cómo chegar)
A proposta do grupo de PermaCultura na Galiza é a de aproveitar esta experiencia coa visita de Lilian á nosa terra, para establecer os contactos axeitados para poder organizar un evento formal para a vindeira primaveira (xornadas técnicas, conferencias, obradoiros…). Nese evento, poderíase abordar todo o referente ao lema proposto (Encarando o Cenit do Petróleo), incluíndo alternativas para a producción de enerxía, estratexias de mobilidade reducida e de reciclaxe de residuos, así coma tecnoloxía axeitada para o transporte e a producción de alimentos.
Pensamos que dende a túa organización poderíase participar ou colaborar nese evento, estando a establecer sinerxias entre grupos activos que aposten decididamente por unha Cultura de Transición e Decrecemento, cara unha sociedade verdadeiramente sostíbel.
O grupo de PermaCultura na Galiza, actua logo como enlazador e dinamizador desas sinerxías e está a propor o referente ético da filosofía da PermaCultura. Traballamos para promover a reducción da dependencia dos combustibéis fósiles, a promoción da bio-construcción e das enerxías renovábeis, o rescate da cultura labrega de aldea, a agricultura e gandeiría sostíbeis, a dinamización do rural, a recuperación da tracción animal para uso agrícola, a producción e consumo local, o establecemento de sistemas de economía compartida… todo cunha perspectiva decidida de estar a promover a Soberanía Alimentar e Enerxética, estando a Coidar das Persoas, Coidar da Terra e Compartir os Recursos.
Método PANTONE
http://geet-pantone.com/ (en inglés)
http://www.geetfriends.net/welcome.htm (páxina dos amigos de Paul Pantone,
en inglés)
http://www.youtube.com/watch?v=d5YsK3bwzPM&feature=related (video en inglés)
http://www.youtube.com/watch?v=hjLqFSlHWcs&feature=related (video en inglés)
http://www.youtube.com/watch?v=z5EYfg8swhI (reportaxe de TF1 en francés)
http://www.crisisenergetica.org/forum/viewtopic.php?forum=4&showtopic=48916
(discusión técnica sobre o motor de auga e hidróxeno no foro de “Crisis Energética”, en castelán)
Referencias:
Rede de PermaCultura Ibérica, nodo noroeste: PermaCultura na Galiza
PachacutiMedia: Servizos Audiovisuais para a sostibilidade
Asociación “Roule ma Fleur” (en francés)
AGAMAC (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica)
Noticia de prensa que salienta o traballo do taller Constantino Amigo
Vémonos no Fogar do Santiso!!
Unha reflexión sobre “Modificación de motor de tractor para rodar con auga e aceite vexetal”