Dentro do programa de charlas que celebra a Confitaría La Esquina de Arzúa (Praza de España, 7) baixo o título xenérico de Este inverno imos falar, o día 22 de novembro Chus, Carmela e Xaquín da Cooperativa Milhulloa, falarán ás 18 h de Comercio Xusto Local. A súa charla xirará entorno a varias preguntas:
Interesaríache recibir na casa semanalmente produtos galegos ecolóxicos (verduras, ovos, queixo, mel…)? Queres para a túa familia alimentos naturais e da terra? Formularemos estas preguntas e, se é posible, levarase a cabo un proxecto que xa funciona noutras zonas de Galicia
Parabéns pola iniciativa da charla e boa sorte aos de Milhulloa co seu proxecto. Por certo… para cando o seu web?