O vindeiro día 6 de Decembro (sábado) ás 9:30 da mañá, na aula nº 9 da Faculdade de Filoloxía da USC (Compostela) celebraremos un encontro diversos colectivos no marco do Foro Social Galego 2008 e baixo o título de “GALIZA FRONTE AO CÉNIT DO PETRÓLEO: CONSECUENCIAS SOCIOECONÓMICAS E RESPOSTA POLÍTICA”. Participarán:
- Antonio Palma (Permacultura Galiza)
- Martiño-Fiz López (Adega).
- Charo Sánchez (Sindicato Labrego Galego).
- Manolo Rei (Unión Libertaria).
- Patricia Pena (Universidade Rural do Eume).
- Modera e presenta: Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.
No encontro faremos unha presentación introdutoria da cuestión do cénit do petróleo e as súas previsibles consecuencias, para pasar despois a unha mesa redonda aberta onde os diferentes participantes nos darán a súa visión acerca desas consecuencias para Galiza e como se pode axir social e politicamente no noso país para minimizalas.
Esperamos a vosa asistencia.
6 reflexións sobre “A cuestión do cénit no Foro Social Galego: 6 de Decembro en Compostela”