Vémonos o 15 de Novembro en Compostela

En resposta á convocatoria que circula por Internet de concentracións en diversas capitais do Estado Español baixo o lema “La crisis que la paguen ellos”, integrantes de Véspera de Nada asistirán á que terá lugar na Praza do Obradoiro en Compostela ás 17 h do sábado 15 de Novembro, coincidindo co cumio mundial para a reforma do sistema financieiro.

Alí esperamos atopar outras persoas preocupadas pola situación e dispostas a facer algo e non deixarse en mans dos nosos supostos gobernantes. Levaremos algún material de difusión para repartirmos entre os asistentes baixo o título “Crise financieira? Non, ho! É unha cuestión enerxética!”

Vémonos alí.

2 thoughts on “Vémonos o 15 de Novembro en Compostela

  1. 15 Novembro, 2008 at 8:14 p.m.

    Vimos de asistir á concentración na Praza do Obradoiro. A xente tardou en chegar e a iso das 17:30 seríamos unhas 60 persoas aproximadamente, mesturados entre un número menor de turistas e paseantes. Outras personas estaban a repartir comunicados (interesantes, que veremos de reproducir aquí tamén), e as cámaras de TVE tamén estaban presentes.

    A convocatoria na miña opinión non se pode considerar un éxito, con esa afluencia pero tampouco un fracaso porque se notou que, malia pouca anticipación con que algúns recibiron o aviso, o malestar da xente, sobre todo da xente nova, perante a situación está aí e pida protesta e actuación.

    Esperamos coñecer pronto o éxito da convocatoria noutras cidades de Galiza e de España.