Parece confirmarse que teremos un cénit en meseta

Segundo ven de publicar a axencia EFE:

La Agencia Internacional de la Energía (AIE) prevé que la demanda de petróleo global caerá un 1,1 por ciento en 2009 respecto a 2008, debido al recorte de los pronósticos económicos del Fondo Monetario Internacional (FMI).

Según la AIE, el consumo de petróleo se reducirá en 570.000 millones de barriles diarios hasta los 84,7 millones, un millón de barriles menos que el año anterior.

De confirmarse los pronósticos, sería el segundo año consecutivo de retroceso, algo inédito desde 1982.

Esta rectificación con respecto ás previsións anteriores do organismo internacional confirma os peores augurios sobre un cénit prolongado de tipo meseta, no que o baixo prezo e a demora no impacto entre oferta e demanda nos situará fronte a un descenso máis brusco e súpeto. As consecuencias previsibles deste tipo de cénit son a falta de investimentos na industria petrolífera e un retardo aínda maior na implementación de medidas preventivas, xa que ao non observarse o previsto supply crunch que ata o de agora pronosticaba mesmo a AIE, as habituais políticas curtopracistas das democracias occidentais seguirán sen afrontar o problema.

Cénit tipo pico ou tipo meseta
(Gráfico animado de Enrique y Fernando Ballenilla)

Como xa apuntabamos hai uns meses, a recesión económica retrasará o impacto do cénit, pero non o evitará: seguramente fará que tardemos máis en prepararnos e que cando chegue sexa máis brusco o impacto. Se cadra podemos verlle a parte positiva: teremos máis tempo para teimarlles aos nosos políticos e para implementar solucións cidadás desde abaixo (decrecemento, obxección ao consumo, cidades en transición, etc.).

6 thoughts on “Parece confirmarse que teremos un cénit en meseta

  1. Lagho
    12 Febreiro, 2009 at 12:39 p.m.

    Eu non acabo de comprender por que vai ser malo que gastemos menos petróleo.

  2. 12 Febreiro, 2009 at 12:42 p.m.

    Velaquí o enlace ás previsións oficiais da AIE no seu web:

    Forecast global oil demand is revised down by 570 kb/d to 84.7 mb/d in 2009 (-1.1% or -1.0 mb/d year-on-year) after the IMF again slashed its GDP growth prognosis to 0.5%. Our 2008 estimate remains largely unchanged at 85.7 mb/d (-0.4% or -0.4 mb/d versus 2007). Two consecutive years of demand decline have not occurred since 1982/83.

  3. 12 Febreiro, 2009 at 12:48 p.m.

    Lagho, a ver se cun símil son quen de cho explicar. Imaxinemos que todo o petróleo extraíble que queda no mundo é auga nun depósito. Ata o de agora vimos gastando todo canto daba a billa: é dicir, tiñámola aberta a tope e saía a toda presión, porque necesitabamos toda a que puidese dar (a oferta ía totalmente ao ritmo da demanda).

    Agora coa recesión resulta que xa non se precisa tanto, e polo tanto, pechamos un pouco a billa, e xa non sae á máxima presión. Isto quere dicir que segundo se vaia acabando a auga do depósito, tendo a billa aberta a tope, de contado notaríamos que a presión comezaría a baixar: “carallo! parece que a auga vaise rematando, estaremos chegando ao final do depósito”, pensaríamos con lóxica.

    Porén, ao termos a billa máis pechada, tardaremos máis tempo en notar esa baixada de presión, e polo tanto máis en decatarnos de que nos estamos quedando sen líquido no depósito.

    Espero con esta explicación ter ilustrado o problema.

  4. andreu
    1 Maio, 2009 at 8:58 p.m.

    Lagho, los combustibles fósiles (especialmente el petróleo), han sido una fuente de energía baratísima que ha sostenido la globalización, sobre todo el transporte y la agricultura modernas.

    El fin de la ogía productivista del último siglo (que creía que los recursos naturales eran infinitos) dará paso a sociedades basadas en fuentes energéticas cada vez más caras (pues las más baratas ya nos las habremos agotado), esto será inevitable después del cénit del petróleo y debemos estar preparados.

    Nuestra época será recordada en el futuro como la Era de Petróleo, que sustentó durante un breve periodo histórico un crecimiento demográfico, y unos estilos de vida materialistas y exhuberantes. El despilfarro del pasado pasará a decrecer en el futuro, por imperativo natural pues cada vez se hará más evidente la escasez energética.

    Entiendo lo que dices de que es bueno que gatemos menos petróleo, el problema es que no se está preparando un cambio estructural que nos prepare para afrontar el cénit energético implícito en la adicción a los combustibles fósiles. Racionalizar la demanda es el primer paso.