Hoxe no Telexornal da TVG podíamos ver unha noticia un chisco esperanzadora para un futuro necesariamente autosuficiente, como é a da extensión do cultivo de oliveiras no sur de Galiza, con outra que leva ao pesimismo: Galiza consumía no 2006 un 30% máis de enerxía que no 2000! É dicir, estamos xusto avanzando no camiño oposto ás necesidades dun tránsito a un consumo sustentable.
O INEGA saía hoxe con que un Plano de Aforro Enerxético reducirá entre o 2007 e o 2012 un 1%, non o consumo, senón o medre previsto no consumo!!! É dicir, aínda que sería 4 millóns de toneladas de CO2 menos na atmósfera… (menos das previstas, claro) segue apostando por un crecemento continuado… Esas cifras que nos daban hoxe supoñen un 5% de medre anual medio no periodo 2000-2006. E quérennos vender que reducilo a un 4% de medre é un logro?! Ata onde pensan chegar así, señores da fantasía do mundo infinito? É hora de comezarmos unha redución en termos absolutos: é dicir, prantexar que no 2009 se consuma menos que no 2008, e no 2010 menos aínda… ata alcanzarmos un nivel de consumo realmente sustentable. E iso significa medidas moito máis drásticas cás apuntadas nese timidísimo Plano de Aforro.
Unha reflexión sobre “O consumo enerxético medra un 30% en Galiza”