De novo a AIE dá a alarma. Hai algún político escoitando? Por aquí por Galiza dá a impresión de que non…
Segundo informa Reuters, a Axencia Internacional da Enerxía advirte (e xa van veces!) de que a tranquilidade enerxética nos está a dar unha falsa impresión de que non hai problema por esa banda, pero que en canto a demanda se recupere, segundo vaia erguendo cabeza a economía, imos bater coa insuficiencia do suministro da materia máis vital para o seu funcionamento, o seu auténtico sangue negro: o petróleo!
A data sitúana en 2010, precisamente onde recentes declaracións do Ministro de Economía español Pedro Solbes situaban o comezo dunha posible recuperación económica. Para entón calculan que a demanda volverá medrar aproximadamente nun 1%, tras a baixada actual.
3 reflexións sobre “Cando levantemos cabeza da crise económica, bateremos coa crise enerxética”