O presidente da petroleira Total avisa dun teito do petróleo máis baixo

Segundo publica hoxe o portal CrisisEnergetica, o presidente da compañía petroleira Total, Christophe de Margerie, ven de poñerlle unha cifra ao teito do petróleo: 89 millóns de barriles diarios. O mundo, disque, nunca poderá producir máis ca esa cantidade. A partir de aí, virá a inevitable caída ano tras ano, da produción mundial, o descenso pola Curva de Hubbert. Esa modificación das súas anteriores previsións para 2015, rebaixando en 4 millóns diarios a capacidade máxima produtiva que antes consideraban se podería acadar, achega aínda máis a data do temido cénit.

Para Margerie, a actual situación na que existe un exceso de capacidade produtiva, será pasaxeira, e no futuro, “a demanda hase manter restrinxida polo suministro”. Explícao porque tanto as compañías nacionais coma os produtores privados “teñen substancialmente limitadas as súas capacidades para atoparen inversores na situación financieira actual”.

3 reflexións sobre “O presidente da petroleira Total avisa dun teito do petróleo máis baixo