Hoxe descubrimos no web de ASPO unha interesante entrevista cun responsable da petroleira Total. Como Repsol e outros xigantes do petróleo e a propia Axencia Internacional da Enerxía, continúan a lanzar chamamentos máis ou menos alarmantes sobre a necesidade de prepararnos para a fin do petróleo.
A mensaxe de Total poderíamos resumila nos seguintes puntos:
- Fai falta unha drástica redución no consumo de gasolina.
- É preciso aumentar os impostos, p.ex. na aviación. Non é lóxico que 1 litro de combustible coste menos que 1 litro de auga mineral. Con eses impostos extra podería financiarse a investigación en enerxías renovables.
- En 20 anos (aquí son máis optimistas ca outros) comezaremos a nos quedar sen petróleo.
- O prezo do petróleo debería subir para facer rendibles proxectos futuros de explotación e que as economías dos países exportadores non teñan problemas. Eles apostan por un prezo entre 50 e 90 dólares/barril.
- O prezo de 200 dólares previsto pola AIE para 2013 sería dramático para a economía mundial. Non hai tempo de aquí a entón para desenvolver alternativas ao petróleo.
- A capacidade mundial de extracción non vai superar os 103 millóns de barrís/día (o presidente de Total rebaixa a cifra a 89 millóns)
Unha reflexión sobre “Total reclama un drástico aforro e gravar máis o consumo”