Nova rebaixa das previsións de consumo de petróleo para o 2009

Seguen as rebaixas da AIE nas súas previsións para o consumo de petróleo no 2009.

Antes de que a recesión mundial estoupara de cheo, mesmo pensaban que este ano se seguiría coa tendencia histórica a un consumo maior có ano pasado, pero despois cando viron que a recesión estaba destruíndo a demanda de petróleo comezaron refacer os seus cálculos.

En novembro de 2008 anunciaban que o 2009 o consumo mundial de petróleo aínda medraría un 0,4%.

En febreiro de 2009 xa recoñecían que minguaría (por primeira vez en décadas): un 1%.

En abril dicían que sería de 83,2 mb/d, un 2,4% menos que no 2008.

En agora xa aseguran que será un 3% menor.

En canto quedará a cousa ao final de ano?

Como afectará isto ás consecuencias do teito do petróleo? A meseta vaise prolongar de maneira estraña con esta importante redución do consumo… durará máis a percepción de que non sucede nada… os investimentos imprescindibles para que a industria manteña minimamente o tipo nos vindeiros anos, están paralizados… os prezos do barril durmidos coma fera narcotizada… e as medidas para paliarmos o impacto que virá cando queiran abrir de novo a billa a tope, lonxe das vontades políticas da maioría dos países.

4 thoughts on “Nova rebaixa das previsións de consumo de petróleo para o 2009