Encontro da Rede de Economía Ecolóxica (Compostela, 11 e 12 de xuño)

Red de Economía Ecológica de EspañaEste xoves e venres vai ter lugar en Santiago de Compostela (Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Avda. Burgo das Nacións s/n) o IV Encontro da Red de Economía Ecológica de España.

Podedes descargar o díptico sobre o encontro (PDF), do cal vos copiamos os datos máis relevantes:

Programa do Encontro

11 de xuño- Reflexións sobre Economía Ecolóxica
9,00-9,15 Inauguración da xornada
9,15-9,45 Joaquim Sempere Carreras. Universitat de Barcelona:
“Decrecemento e Sostibilidade”
9,45-10,15 Debate
10,15-10,45 Antón Novas. Mºde Medio Ambiente y Medio Rural y Marino:
“Sistema alimentario e Transxénicos”
10,45-11,15 Debate
11,15-11,45 Pausa-café
11,45-14,15 Reunión interna da Rede (SÓ MEMBROS EcoEcoEs)
14,15-15,30 Xantar
15,45 Saída visita: Cooperativa Monte Cabalar (A Estrada)
20,30 Regreso da visita
21,45 Cea

12 de xuño- Presentacións de estudantes
9,00-9,45 Christian Kerschner. Universitat Autónoma de Barcelona.
9,45-10,30 Benjamín López. Universitat Autónoma de Barcelona.
10,30-11,15 Jaume Freire. Universitat Autónoma de Barcelona.
11,15-11,45 Pausa-café
11,45-12,30 Stephan Salate. Universitat de Barcelona.
12,30-13,15 Erik Gómez. Universidad Autónoma de Madrid.
13,15-13,45 Conclusións e Clausura
19,00-21,00 Visita ao casco antíguo
21,45 Cea

Coordinación e Organización do Encontro

Xoán R. Doldán García. Departamento de Economía
Aplicada-Universidade de Santiago de Compostela

Xavier Simón Fernández. Departamento de Economía
Aplicada-Universidade de Vigo

María Luisa Chas Amil. Departamento de Economía
Cuantitativa-Universidade de Santiago de Compostela

Rosa María Regueiro Ferreira. Departamento de Historia
e Institucións Económicas-Universidade de Santiago de
Compostela

Que é a Red de Economía Ecológica de España?

Un grupo de profesores, investigadores e persoas interesadas na Economía Ecolóxica (EE) reunímonos en Ronda (I Encontro), en xuño de 2006, con idea de establecer un primeiro contacto de reflexión conxunta sobre a necesidade de crear a Rede. Houbo un consenso claro sobre o interese de continuar con estes encontros, fixándose dúas novas xornadas: a primeira, en Carmona en marzo de 2007, dedicada a docencia en Economía Ecolóxica cuxas conclusións leváronse ao III Encontro da Rede que se celebrou en Madrid, en febreiro de 2008.

A EE entende a economía como un sistema aberto afectado polas Leis da Termodinámica e todas as súas implicacións; considera a relación entre os diferentes sistemas que compoñen a realidade –económico, tecnolóxico, social, territorial e institucional- e realiza unha análise da evolución conxunta e dinámica de ditos sistemas (enfoque eco-integrador e análise sistémico-coevolutivo); analiza a dimensión física da realidade, non unicamente a monetaria, utilizando tanto variábeis cuantitativas como cualitativas

A Rede EcoEcoEs xurde da necesidade de fomentar e coordinar a investigación e docencia en EE en España. O seu obxectivo principal é crear sinerxías entre os investigadores e docentes españois dedicados á EE, así como fomentar as relacións destes con institucións europeas e internacionais. Dado que un dos obxectivos principais da EE é a análise multidisciplinar e transdiciplinar dos problemas económicos, ambientais e sociais, opinamos que a Rede tería que comporse, non unicamente de economistas, senón de todo tipo de investigadores e docentes interesados nesta visión do mundo

Web da Rede

One thought on “Encontro da Rede de Economía Ecolóxica (Compostela, 11 e 12 de xuño)

  1. miingos
    16 Xuño, 2009 at 6:39 p.m.

    (De Bakeaz)un traballo que trata de establecer un marco teórico..
    http://www.bakeaz.org/es/publicaciones/mostrar/116-integracion-cons