Código Técnico de Edificación: Outra oportunidade perdida

Este colaboración foinos remitida por un colaborador, especializado en instalacións de edificación e publicámola polo interese que ten á hora de avaliarmos a utilidade ou atrancos que supoñen as normas de edificación vixentes desde o punto de vista enerxético e medioambiental:

A entrada en vigor do Código Técnico da Edificación (REAL DECRETO 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación, e a sua revisión no 1371/2007 de 19 de octubre) veu a significar o cumprimento dos requisitos básicos da edificación establecidos na Lei 38/1999 de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, LOE co fin de garantir a seguridade das persoas, o benestar da sociedade e a protección do medio ambente.
O CTE da cumprimento ós requisitos básicos de seguridade estructural, seguridade en caso de incendio, seguridade de utilización, hixiene, saúde e protección do medio ambiente, protección contra o ruído, aforro de enerxía e illamento térmico, proporcionando ademais procedementos que permiten acreditar o seu cumprimento con suficientes garantías técnicas.

Ainda que significou un gran avance con respeto á situación anterior, vamos a analizar case tres anos despois da sua entrada en vigor, por que pensamos que foi unha oprotunidade perdida de facer as cousas ben en canto á protección do medio ambente.

No artigo 15 da parte I do Código Técnico especificanse os obxetivos básicos do documento básico de aforro de enerxía:

“1. O obxectivo do requisito básico de aforro de enerxía consiste en conseguir un uso racional da enerxía necesaria para a utilización dos edificios, reducindo a límites sostibles o seu consumo e conseguir así mesmo que unha parte deste consumo proceda de fontes de enerxía renovable, como consecuencia das características do seu proxecto, construción, uso e mantemento.

2. Para satisfacer este obxectivo, os edificios proxectaranse, construirán, utilizarán e manterán de forma que se cumpran as esixencias básicas que se establecen nos apartados seguintes.

3. O Documento Básico DB-HE Aforro de Enerxía especifica parámetros, obxectivos e procedementos cuxo cumprimento asegura a satisfacción das esixencias básicas e a superación dos niveis mínimos de calidade propios do requisito básico de aforro de enerxía”.

Este obxetivo tradúcese nunha serie de esixencias que se listan acontinuación:

  • Esixencia básica HE 1: Limitación da demanda enerxética

    “Os edificios disporán dunha envolvente de características tales que limite axeitadamente a demanda enerxética necesaria para alcanzar o benestar térmico en función do clima da localidade, do uso do edificio e do réxime de verán e de inverno, así como polas súas características de illamento e inercia, permeabilidad ao aire e exposición á radiación solar, reducindo o risco de aparición de humidades de condensación superficiais e intersticiais que poidan prexudicar as súas características e tratando adecuadamente as pontes térmicos para limitar as perdas ou ganancias de calor e evitar problemas higrotérmicos nos mesmos”.

    En principio este requisito parece correcto pero vemos que entra en conflicto co Documento Básico HS3 Calidade do aire interior, xa que neste documento esixense uns caudais fixos de ventilación para os edificios, sin ten en conta a necesidade desta ventilación; o idoneo sería dar a posibilidade de modulación en función de parámetros como poida ser o nivel de contaminación do aire interior (da cal se olvida o código técnico) ou a ocupación dos locais. Desta maneira estamos tirando un aire ó exterior (e polo tanto enerxía de calefacción) sen pararnos a analizar si é necesario renovar ese aire. Ademais os criterios da arquitectura bioclimática son os grandes olvidados neste documento básico, e lonxe de potenciar a súa aplicación, esta dificultase, xa que se obliga a justificar o uso de certos elementos coma os muros Trombe ou os parietodinámicos, dunha maneira mais complexa ca nos edificios con elementos estándar. Este documento básico céntrase en minimizar a demanda energética maximizando a resistencia térmica da envolvente, pero olvidándose de potenciar a captación energética do entorno.

  • Esixencia básica HE 2: Rendemento das instalacións térmicas

    Os edificios disporán de instalacións térmicas apropiadas destinadas a proporcionar o benestar térmico dos seus ocupantes, regulando o rendemento das mesmas e dos seus equipos.

    Esta esixencia desenvólvese actualmente no vigente Reglamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, RITE, que non termina de potenciar a utilización de giradores energéticos de alta eficiencia.

  • Esixencia básica HE 3: Eficiencia energética das instalacións de iluminación

    Os edificios disporán de instalacións de iluminación adecuadas ás necesidades dos seus usuarios e á vez eficaces energéticamente dispoñendo dun sistema de control que permita axustar o aceso á ocupación real da zona, así como dun sistema de regulación que optimice o aprovechamiento da luz natural, nas zonas que reúnan unhas determinadas condicións.

    Esta esixencia parece correcta pero o desprege tecnológico e a inversión necesaria para darlle cumprimento fai que en determinados casos sexa dudidosa a conveniencia ecolóxica deste suposto aforro. Ademais para instalacións nas que se dispoña de luz natural existe a obriga de instalar sistemas de regulación lumínica en función, entre outros, do o factor:

    Tx(Aw/A)>0.11

    (Donde T é o coeficiente de transmisión luminosa do vidro, Aw é a superficie acristalada e A é a superficie total de fachada da zona)

    Do que se deduce que para conseguir liberarse da obriga (económicamente moi gravosa) de instalar un sistema de regulación do alumeado, trataremos de minimizar a transmisión luminosa do vidro (que é beneficiosa para certas longitudes de onda xa que se aforra carga térmica de climatización) ou minimizar a superficie acristalada (sempre respetando os mínimos legais). Vemos como a intención de maximizar o aproveitamento da luz natural pode producir o efecto contrario, cando tería sido moito máis doado establecer a obriga de instalar sistemas de apagado das zonas nas que se estime que a luz natural sería suficiente para o desenvolvemento da actividade.

  • Esixencia básica HE 4: Contribución solar mínima de auga quente sanitaria

    “Nos edificios con previsión de demanda de auga quente sanitaria ou de climatización de piscina cuberta, nos que así se estableza neste CTE, unha parte das necesidades enerxéticas térmicas derivadas desa demanda cubrirase mediante a incorporación nos mesmos de sistemas de captación, almacenamiento e utilización de enerxía solar de baixa temperatura adecuada á radiación solar global do seu emprazamento e á demanda de auga quente do edificio. Os valores derivados desta esixencia básica terán a consideración de mínimos, sen prexuízo de valores que poidan ser establecidos polas administracións competentes e que contribúan á sostenibilidade, atendendo ás características propias da súa localización e ámbito territorial.”

    Por desgraza os valores de aproveitamento mínimos que marca o Documento Basico son inferiores incluso ós que se estaban implantando cando non existía obligatoriedade, e as administracións competentes (comunidade autónoma e Concellos), camiñan lentamente na elaboración de esixencias propias que melloren estos requisitos mínimos.

    Ademáis o Documento básico aferrase á enerxía solar térmica para a producción de auga quente sanitaria sen valorar a utilización de xeradores de alta eficiencia coma as bombas de calor xeotérmicas, dándose a paradoxa de que se lle esixe a mesma captación solar a unha instalación cunha caldeira de gasóleo que a outra cunha bomba de calor xeotérmica.

  • Esixencia básica HE 5: Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica:

    “Nos edificios que así se estableza neste CTE incorporaranse sistemas de captación e transformación de enerxía solar en enerxía eléctrica por procedementos fotovoltaicos para uso propio ou subministración á rede. Os valores derivados desta esixencia básica terán a consideración de mínimos, sen prexuízo de valores máis estritos que poidan ser establecidos polas administracións competentes e que contribúan á sostenibilidade, atendendo ás características propias da súa localización e ámbito territorial”.

    Por desgraza os valores de aproveitamento mínimos que marca o Documento Basico son tan elevados que soio se aplicarían a contadas edificación de gran envergadura, e as administracións competentes coma no caso anterior, non priorizan a elaboración de esixencias propias que melloren estos requisitos mínimos.

Deste análise vese que queda moito por mellorar no ambito do CTE, unha das cousas fundamentais é o cambio no concepto de sostenibilidade como simple aforro energético para contemplar o máis amplo concepto de reducción da pegada ecolóxica.

Por outra banda, o outro importante avance na consecución dun uso mais eficiente da enerxía e a Certificación de Eficiencia Enerxética dos edificios que é unha esixencia derivada da Directiva 2002/91/CE; esta Directiva transponse parcialmente ao ordenamento xurídico español a través do Real Decreto 47/2007, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o Procedemento básico para a certificación de eficiencia enerxética de edificios de nova construción. Para os edificios existentes estába previsto a elaboración doutro R.D. con anterioridade a xaneiro de 2009. (Xa pouco probable).

(Proximamente completaremos esta análise co apartado referente á calificación energética dos edificios.)