Copio información achegada pola organización. Parece ser a primeira acción visible do concello no apoio a unha transición en Teo.
As xornadas “Terra e Cultura Sustentable” , inaugúranse o sábado 10 de outubro da mán do alcalde de Teo, Martiño Noriega; e contarán cunha charla temática sobre Sustentabilidade, obradoiros, artesanía, música, actividades para o público infantil, proxección de videos e visita á horta.
Invítase á participación a toda a familia.
A xornada comezará as 10 da mañá coa presentación e cunha charla temática sobre PermaCultura e Sustentabilidade por Antonio Palma de PermaCultura na Galiza.
De seguido, poderase participar nun obradoiro dos produtos artesáns do Fogar: Pan, empanada e croquetas.
Despois de xeito simultáneo activarase a oferta cultural e de lecer.
* A Asociación de pais de minusválidos de Teo (Aspamite) ofrece de xeito permanente ao longo das xornadas unha exposición da artesanía, realizada polas persoas integrantes da asociación.
* Os artistas OSCAR ALDONZA e TUCHO ABALO ofreceran en vivo, unha nova proposta de reciclaxe aplicada á escultura. Comezarán a elaboración dunha peza artística feita con barro e lixo reciclado, que irase completando ao longo das xornadas.
* Haberá música tradicional para ambientar os espazos e as actividades.
* Teremos ACTIVIDADES PARA NEN@S: os máis cativos poderán disfrutar dun payaso, taller de globos, e maquillaxe. Asemade para o resto d@s nen@s haberán xogos, dinámicas grupais, pinturas e imaxinaremos os sons da natureza.
* Contaremos coa proxección do vídeo “The Greening of Cuba: Verde Que Te Quiero Verde” .Despois do xantar, faremos unha visita á horta ecolóxica do Fogar do Santiso.
A Asociación Cultural Os Ameios, está a organizar estas xornadas de reflexión e experiencias sobre a sustentabilidade, que contan coa colaboración e participación do restaurante o Fogar do Santiso e do Concello de Teo, As xornadas celebraranse en 9 sábados consecutivos: 10, 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro e 5 de decembro. Serán no espazo do Fogar do Santiso, sito no lugar de Trasellas, parroquia de Luou do concello de Teo. Preséntanse como propostas de acción e visións por unha TERRA e CULTURA máis sustentables.
As xornadas “Terra e Cultura Sustentable” 2009, son de balde e para todos os públicos. Teñen un compoñente temático común que é a sustentabilidade. Estas xornadas están deseñadas como un evento aberto e inclusivo, as disitintas actividades conforman unha proposta para toda a familia e para todos os públicos. Normalmente a temática da sustentabilidade, nas súas distintas dimensións, adolece de caracter inclusivo e resérvase ao público xa concienciado, á comunidade educativa ou científica e ás persoas que están no activismo social ou medio-ambiental. Neste caso fíxose o posible por fuxir do convencional e apostar pola participación de toda a xente en xeral na reflexión sobre a sustentabilidade e na exaltación do espacio como lugar de confluencia de cultura e lecer.
Máis información en www.terraecultura.org
Unha reflexión sobre “Xornadas ‘Terra e Cultura Sustenable’, co apoio do concello de Teo”