Baséanse as políticas enerxéticas da OCDE en andrómenas?

WEO 2009 - Grandes mentiras que ameaza a HumanidadeMoito rebumbio está a armar unha filtración da AIE que publicou esta semana o xornal británico The Guardian, mesmo por fóra do normalmente minoritario mundiño dos advertidos sobre o Teito do petróleo, xa que chegaron ecos a medios mainstream como a cadea de radio SER ou o xornal La Vanguardia. Pero que foi o que publicou exactamente The Guardian? En poucas (?) palabras, que os informes da axencia que toman como base para planificar a súa política enerxética os gobernos dos países da OCDE, están manipulados para facer crer que aínda está lonxe o punto máximo da produción de petróleo. As consecuencias disto serían catastróficas, como moitos vimos advertindo desde hai tempo.

El mundo está mucho más cerca de quedarse sin petróleo de lo que admiten las estimaciones oficiales, según un informante de la Agencia Internacional de la Energía, que afirma que la agencia ha minimizado deliberadamente una escasez inminente, por temor a provocar compras de pánico.

A AIE que vén de publicar o seu informe anual WEO, segundo estes informantes anónimos está sendo manipulada desde hai tempo polo goberno estadounidense para facer crer aos gobernos, a opinión pública mundial e aos mercados, que non pasa nada, que hai petróleo para moitos anos, e que como moito hai un problema de falta de investimento para poñer todo ese abundante petróleo a disposición dos mercados cando estes o pidan, unha vez saiamos (?) da Crise.

Pero a gravidade da cuestión está empezando a provocar fendas na propia axencia e hai xente que xa non pode calar máis. De feito, Kjell Aleklett de ASPO confesa agora no seu blog que isto que agora publica The Guardian xa llo tiña recoñecido xente da AIE hai 2 anos. Aínda que non o fixo público ata o de agora, daquela escribiu ao representante do seu país (Suecia) na AIE para informalo da manipulación e solicitar que Suecia abandonase a axencia:

That article was read in 2007 by representatives of the “Global Transport Forum” of the OECD and they gave me the task of writing the report, ”Peak Oil and the Evolving Strategies of Oil Importing and Exporting Countries”. This report was one of those discussed at a round table meeting that was held in the IEA’s conference room in Paris. At that opportunity, in November 2007, I had a number of private conversations with officers of the IEA. The revelations now reported in the Guardian were revealed to me then under the promise that I not name the source.

Así, eses gorxas profundas, contan agora que a situación é gravísima e que xa estamos de cheo no Teito do petróleo, confirmando o que moitos xeólogos e outra xente do sector levan tempo avisando.

Una segunda fuente de alto rango de la AIE, que la ha abandonado, pero que no estaba dispuesta a dar su nombre, dijo que una ley clave en la organización fue que era “imperativo no provocar la ira de los estadounidenses”, pero el hecho es que no había tanto petróleo en el mundo como había sido admitido. “Hemos entrado [ya] en la zona del pico del petróleo”. Creo que la situación es realmente mala “, añadió.

Aleklett sinala como un dos principais actores desta estafa planetaria a Guy Caruso, da EIA (axencia enerxética dos EUA), un dos homes máis perigosos do mundo, nas súas palabras.

Está xogando EUA a debilitar a outros gobernos do mundo para buscar vantaxe xeoestratéxica desta información? É posible. Pero tamén o é que a estea compartindo cos seus aliados, cando menos cos pertencentes á OTAN. E logo os servizos de intelixencia que? Sería raro que Rusia, China, Irán ou Venezuela non estean informados. Polo tanto… quen son os únicos parvos desta historia? Moi probablemente os mercados e o conxunto da sociedade, consumidores e empresas incluídos, que imos sufrir as consecuencias do Teito máis directamente.

Isto dá que pensar: se os gobernos mundiais teñen información sobre o Teito (Pedro Prieto, de AEREN contaba o ano pasado en Galiza que ten falado sobre o tema con deputados do parlamento español e sabemos que tamén se coñece entre os do parlamento galego) e están poñendo en marcha políticas totalmente opostas ao que esa informacion aconsellaría, é -na miña opinión- porque están tentando gañar tempo e manter enganados aos mercados para non favorecer o pánico, nunha xigantesca operación de hipocrisía política, mentres preparan medidas sociais e políticas de tipo autoritario para manter a orde nos previsibles estoupidos sociais que a desindustrialización consecuencia do Teito vai provocar.

Algúns parlamentarios de países nos que existe unha maior conciencia do problema (polo menos teñen unha comisión parlamentaria para o estudaren) xa se levantan voces que desacreditan totalmente á AIE:

John Hemming, el diputado [británico] que preside la comisión parlamentaria sobre el pico del petróleo y el gas, dijo que las revelaciones confirmaron sus sospechas de que la AIE ha subestimado la rapidez con que el petróleo mundial se estaba acabando y esto tiene consecuencias profundas para la política energética del Gobierno británico.

Afirmó que también había sido contactado por algunos funcionarios de la AIE descontentos con la falta de un escepticismo independiente sobre las predicciones. “La confianza en los informes de la AIE ha sido utilizada para justificar las afirmaciones de que el petróleo y los suministros de gas no alcanzarán su punto máximo antes de 2030. Ahora está claro que este no será el caso, y no se puede confiar en las cifras de la AIE”, dijo Hemming.

Namentres, a AIE segue espallando pola prensa internacional os seus datos sobre previsión de medre de demanda (dos que non temos razóns para sospeitar, tristemente) e que unidos aos datos reais sobre a incapacidade da oferta para responder a ela, nos pon diante da situación coñecida como as fauces do crocodilo. Polo de agora advirten dunha posible falta de subministración en 2015, por culpa do desinvestimento que sufre o sector, pero se as súas cifras de declive da produción son falsas como nos revela a información de The Guardian e nos advirten moitos xeólogos… non teremos ese desabastecemento á volta da esquina?

Máis información en:

Desinformación de alto rango en: