Esta fin de semana será intensa en canto a actividades que contan coa nosa participación xa que Amigos da Terra nos convidou a participar no seminario Cambio Climático: Accións prácticas que se celebra no centro ambiental As Corcerizas, na serra de San Mamede, para dar a visión práctica do Teito do Petróleo e mais do Decrecemento. A palestra e posterior debate cos asistentes terá lugar o domingo día 29 e será a cargo de Manuel Casal Lodeiro.
Unha reflexión sobre “Teito de petróleo e Decrecemento este domingo nas Corcerizas”