(Tradución de Xoán Doldán dun post de Matthieu Auzanneau no blog http://petrole.blog.lemonde.fr publicado este martes 6 de abril co título Le Pentagone s’attend lui aussi à un choc pétrolier imminent e que xa foi recollido por medios online adicados ao tema enerxético como o Energy Bulletin do PostCarbon Institute. Esta organización xa pedira hai pouco transparencia á administración Obama acerca do Teito do Petróleo.)
O Pentágono tamén agarda unha inminente crise do petróleo
As cifras do Estado Maior dos EE.UU. concordan cos do Departamento de Enerxía, segundo se revela.
Un informe procedente do Estado Maior Conxunto estadounidense publicado o 15 de marzo prognostica que en 2015 a capacidade mundial de produción de petróleo podería ser inferior en 10 millóns de barrís diarios respecto á demanda.
O informe do Departamento de Defensa americano (DoD), titulado Operación Conxunta para o Medio Ambiente en 2010 , di (p.29):
“En 2012, o exceso de capacidade da produción de petróleo podería desaparecer por completo, e para 2015, o déficit da produción podería situarse próximo aos 10 millóns de barrís diarios”.
10 millóns de barrís por día (bpd), é o que representa a extracción de Arabia Saudita, o maior produtor mundial de petróleo. Este déficit de produción, de suceder, sería superior ao 10% da demanda mundial de petróleo cru, que na actualidade ascende a 86,5 millóns de barrís/día, e debería alcanzar os 90 millóns de barrís/día en 2015.
Baste dicir que se esta hipótese do Pentágono se cumpre, estaremos ante unha terceira crise do petróleo que lle agarda á economía mundial, probablemente más violenta que a dúas precedentes.
Pero, de feito 10 millóns de barrís/día en 2015 …
Un prognóstico idéntico de un desaxuste de 10 millóns de barrís diarios entre oferta e demanda de petróleo en 2015 aparece na páxina 8 do documento do Departamento de Enerxía dos EE.UU. (DoE), revelou a investigación publicada aquí o 23 de marzo.
O Departamento de Defensa e o Departamento de Enerxía parecen poñerse de acordo sobre o mesmo diagnóstico … vertixinoso.

Grazas, Xoán, por traducirnos o artigo. Só lembrar o que xa contabamos nestas páxinas hai uns días: os anuncios se suceden cun grao de oficialidade cada vez maior e con maior frecuencia.
Neste blogue fálase dunha probábel guerra civil nos propios Estados Unidos co trasfondo do petróleo: http://agal-gz.org/blogues/index.php/canta/2010/04/01/petroleira-anglo-saxoa-vaticina-guerra-civil-em-eeuu
O artigo orixinal que menta o blogue galego é este: http://www.bbc.co.uk/blogs/newsnight/paulmason/2010/03/angry_america_why_an_oilmans_s.html
Alfredo Jalife-Rahme, autor da información que se traduce no blogue galego, é tamén o autor dun interesante libro “Los cinco precios del petróleo”, editado por H.Garetto Editor en México D.F. en 2006. Estes “cinco prezos” ou elementos que axudan a determinar a evolución errática dos prezos do petróleo serían: o económico, o financeiro, o especulativo, o xeopolítico e o desinformativo.
Xa, pero tendo en conta que son os mesmos que xuraban polo máis sagrado os das armas de destrución masiva do Sadam, pois como que semella que están a buscar algunha escusa para invadir algún país.
A razón (que non excusa) para invadir aquel país precisamente foi o petróleo, ou ti que pensas?
Pero agora que “excusa” pensas que han poñer? Unha cousa é a razón profunda dos seus movementos xeoestratéxicos e militares e outra a desculpa ou excusa pública (falsa) que poñan.
Máis eco do asunto en The Guardian: US military warns oil output may dip causing massive shortages by 2015
É dicir, o que levan anos avisando xente como a ASPO. Está ben que comecen a recoñecer publicamente a que nos ven enriba. Así e todo mete medo que sexan os militares os que máis caso fan do asunto… Non cheira a Irak?
De feito eu son da opinión de que o Pentágono é consciente do asunto desde hai mínimo 10 anos. Pregúntome para que filtran precisamente agora isto á opinión pública.
Moi interesante este dato que salienta The Guardian, un dos xornais de ampla tirada que máis eco están a se facer do tema do Teito do Petróleo a nivel mundial:
Outra cita salientable do informe:
O informe pódese descargar de http://www.peakoil.net/files/JOE2010.pdf (O apartado sobre enerxía está a partir da p. 24)