Véspera de Nada únese á Plataforma Galega Antitransxénicos

Nesta semana de loita contra os organismos xeneticamente modificados (OXM) a nosa organización ven de aprobar a súa incorporación á Plataforma Galega Antitransxénicos.
Plataforma Galega Antitransxénicos

A soberanía enerxética comeza coa soberanía alimentar: a enerxía máis necesaria de todas é a que obtén o noso corpo mediante a alimentación (endosomática). E os transxénicos son a antítese da soberanía alimentar. Por iso, ademais do resto de razóns, a Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo únese ás reivindicacións desta plataforma.