Críticas ao balance enerxético español feito polo Ministerio

Ministerio de IndustriaPodíamos ler hai uns días unha nota de prensa optimista e irrealista do Ministerio de Industria sobre o Balance Enerxético español do 2009.

Este texto provocou certas críticas e reflexións na nosa asociación.

Casdeiro preguntaba:

Por favor, que alguén me explique o que significa “lo que sitúa a España por encima de la senda necesaria para alcanzar en el año 2020 el 20% del consumo energético” 😀

…e engadía con sarcasmo:

“Por tanto, la sustitución de vehículos de combustión interna por vehículos eléctricos permitirá mejorar la eficiencia de nuestra economía y reducir el consumo energético, sin necesidad de que los usuarios utilicen menos sus vehículos o recorran menos kilómetros.”

Ovación final, por favor!!!! 😛

Xoán respondía:

xa sabemos como van as cousas nesa modalidade de noticias, todo sempre irá ben ainda cando vaia mal.

E Manuel está moi claro: “estar por encima de la senda necesaria para alcanzar…”, significa que dado que puxemos como obxectivo o 20% do consumo enerxético cuberto con renovábeis (o famoso obxectivo 20-20-20 da Unión Europea), trazouse unha liña recta desde o punto de partida até o 20% e este ano estamos por riba da liña, logo imos por riba “da senda necesaria…”, aínda cando ese valor se acade non só por un aumento das renovábeis senón por unha caída no consumo de renovábeis por mor da crise, e como se trata de unha operación matemática xa se sabe, o valor resultante deriva tanto da modificación do numerador (renovábeis que suben) como do denominador (consumo que baixa e, sobre todo, por non renovábeis). Pero malia o triunfalismo podía ser peor, 😉

O dos coches eléctricos é para esganar directamente ao que chegou a tal conclusión. Deus lle libre aos/às estudantes a quen lles dou clase, se despois de analizar os datos chegan a esa conclusión… Como se pode ser tan bruto e aínda por riba cachondearse de nós.

“la sustitución de vehículos de combustión interna por vehículos eléctricos permitirá mejorar la eficiencia de nuestra economía”, aceptemos como válida esta aseveración (discutíbel, porque como queimemos fuel oil ou gas natural para producir electricidade e logo a electricidade no automóbil, en vez de usalos directamente para transporte…), pero a súa consecuencia “y reducir el consumo energético” xa é de coña. Sábese que a eficiencia non ten porque implicar necesariamente redución do consumo enerxético, mesmo, en ocasións supón aumento do consumo polo efecto rebote. Pero continua, “sin necesidad de que los usuarios utilicen menos sus vehículos o recorran menos kilómetros”, só lles quedou por dicir que aínda que usen máis os vehículos e percorran máis quilómetros. Non vaia ser que se deixen de comprar automóbiles e de construir autoestradas. A conducir como é debido, sen control, que xa aforraremos por vostede…E con que se van fabricar os novos vehículos e as novas electrolineiras, e as novas centrais de electricidade, e as novas redes de transporte e distribución de electricidade…nada diso vai supor aumento do consumo enerxético, somos eficientes.

Segundo o mencionado balance (que por certo non é de 2009 senón de 2008 con previsións 2009, ou polo menos é o único que se pode consultar) o 37,9% da enerxía utilizada é para transporte e case o 100% son derivados do petróleo, rozando as 40.000 ktep, cando a xeración eléctrica actual en España apenas chega ás 54.000 ktep, pero destas 43.500 son as que van ir destinadas a consumo final (o resto é consumido polo propio sector eléctrico). É dicir, se quixéramos obter unha cantidade de enerxía eléctrica con potencia calorífica semellante á que hoxe se obtén dos derivados do petróleo para o transporte, teríamos que incrementar o parque eléctrico nun 92% (case duplicalo). É dicir ter case o doble de centrais térmicas de carbón, de ciclos combinados, de grandes encoros, de mini encoros, de placas fotovoltaicas, de parques eólicos e de nucleares (hoxe son 8). E evidentemente duplicar a capacidade de transporte e distribución de enerxía eléctrica, e aumentar a capacidade dos gasodutos e das regasificadoras e as importacións de carbón e uranio, e a capacidade dos (proxectados) cemiterios nucleares…. E van e no ministerio dinnos que isto será máis eficiente e permitirá reducir o consumo enerxético.

Con que contarán montar toda esta infraestrutura?. A man?.

E Sergi engadía 2 observacións:

1. El coche eléctrico no tiene un rendimiento superior del 20% del fuel utilizado para producir la electricidad en la central térmica de turno, porque hay que valorar todos los rendimientos y perdidas que se producen en el proceso de generación, transformación y transporte de la electricidad , además del proceso de carga de las baterias y transformación en movimiento.
2. Realmente importa solucionar la movilidad de un coche o es preferible la de un Dumper, excavadora, camión o barco. ¿Vamos a alimentar eléctricamente motores de excavadora de 2Mw o de barcos de 60Mw?

Continuamos aquí o debate coas achegas dos lectores do blog.

4 reflexións sobre “Críticas ao balance enerxético español feito polo Ministerio