Segundo Repsol-YPF pensar en que o petróleo se acabe ‘non é realista’!

Repsol-YPF cre que o petróleo durará para sempreNunhas declaracións da conselleira de REPSOL-YPF Paulina Beato que publica hoxe o Faro de Vigo podemos atopar cousas cando menos sorprendentes:

  • Gravar as emisións de CO2 como propoñen algúns (taxas verdes) non reduciría o consumo de combustibles: “Este año estamos viendo cómo la demanda de combustible no se reduce a pesar de que el precio ha subido”, afirma
  • “Pensar en un agotamiento de los hidrocarburos no es realista”, asegura sen rubor algún.

Seica para ela é realista, en troques, pensar que un recurso finito non se esgota nunca, unha contracción tan evidente que causa vergonza allea escoitala! Para cando unha actitude afastada da fantasía, como a dos seus colegas franceses de Total, sen ir máis lonxe, que por certo tamén defenden un aumento dos impostos aos carburantes?

One thought on “Segundo Repsol-YPF pensar en que o petróleo se acabe ‘non é realista’!