Grecia seica non poderá pagar as súas débedas… e logo nós si?!

Nun recente artigo publicado en ABC advertíase de que o país heleno non vai poder pagar as súas débedas, aínda que sen entrar na cuestión de fondo de que sen un crecemento económico continuado, non só esas débedas senón a inmensa maioría delas non van poder ser devoltas, segundo George Mobus explicaba no seu blog Question Everything. En decembro de 2009, o autor advertía:

We are in the throes of debt-unwind and very possibly massive defaults as nations, corporations, and individuals (who have no jobs) are incapable of promising to work more in the future to pay back their obligations. Those who would loan money (claims on assets) to those who propose to create new wealth would do well to reconsider since the model suggests that it will be impossible to even get back the principal, let alone the interest.

(A negriña é nosa.)

A débeda imposible de pagar e de crear

Convidamos aos nosos lectores a comentar a noticia e achegar os seus puntos de vista sobre a cuestión, no contexto do inminente Descenso Enerxético mundial.

9 thoughts on “Grecia seica non poderá pagar as súas débedas… e logo nós si?!

  1. Xoán Doldán
    11 Maio, 2010 at 2:31 p.m.

    Fagamos contas para España. Porque tanto se fala e fala nos medios das contas, das débedas, da terríbel situación económica debido a débeda pública…máis non acabo de ver que nos dean as contas enteiras, ver se os custes do festín destes anos pasados son polo que comeu unha parte, da que nos falan, ou polo que omeron tamén todos os demais, dos que apenas sabemos nada.

    Segundo o Banco de España, en 2009, a “Débeda dos sectores non financeiros” (externa ou interna, é dicir, por préstamos no estranxeiro ou non interior) (non financeiros, refírese a administracións públicas, empresas e fogares), dividíase do
    seguinte modo (en miles de millóns de euros):

    – Administracións públicas 649 (510 da administración central). É o 61,8% do PIB ( para a administración central o 48,5% do PIB)

    – Empresas 1.467. É o 139,6% do PIB

    – Fogares 907. É O 86,2% do PIB

    En canto á débeda externa, o que a economía española debeu financiar no exterior, as contas son como seguen (de novo, segundo o Banco de España):

    – Total 1.767 (miles de millóns de euros)

    – Débeda externa pública 299 (16,9% do total da débeda externa)

    – Débeda externa do sector bancario 781 (44,2% do total)

    – Débeda externa do Banco de España 41 (2,3% do total)

    – Débeda externa de outros sectores residentes (Sociedades de
    investimento, fondos de investimento, sociedades de valores, fondos de capital risco, sociedades xestoras de Carteira, …) 461 (26,1%)

    – Empresas (por investimentos directos realizados) 185 (10,5%)

    Logo, a maior parte da débeda é privada non pública, como se insiste.

    – Dos 3.023 (miles de millóns de euros) de débeda, 1767 son débeda co exterior (débeda externa, pública e privada) Respectivamente, 287,6% do PIB e 168,1% do PIB

    – A débeda total da economía española equivale ao PIB de case 3 anos (é dicir, do valor monetario non de todos os bens e servizos, senón dos bens e servizos de consumo final máis os bens de investimento producidos no país). A débeda externa equivale ao valor do PIB de algo máis de ano e medio.

    – A maior parte da débeda é do sector bancario e outras sociedades financeiras (44,2%+26,1%= 70,3%) (excluíndo a propia do Banco de España). Se a isto lle sumamos a das empresas, temos que o 80,8% da débeda externa española é débeda privada (supoñendo un 135,76% do PIB, mentres a débeda externa pública é o 23,02% do PIB)

    Cando se di que Grecia non poderá pagar a súa débeda nacional por ser membro da Unión monetaria europea, débese entre outras cousas a que o euro supón a perda da soberanía monetaria para cada país, en favor da do Banco Central Europeo, polo que o prezo do diñeiro (os tipos de xuro), a oferta monetaria e a emisión de moeda recaen nesa institución, polo que apenas hai opción a tomar medidas de política monetaria por cada Estado.

    A situación financeira da economía española non é a grega pero
    cabalgan sobre un mesmo sistema monetario e uns mesmos condicionantes institucionais. Con todo, convén facer as contas para a economía española e a grega, ver si a súa débeda total, pública e privada, e a súa débeda externa, tamén pública e privada. Se observamos ben quizás atopemos que quen están a ditar as receitas para a acción gobernamental, o que se debe facer coas contas públicas, os seus déficits, os gastos, os investimentos públicos… son precisamente quen deberían estar preocupados por facer as contas da súa casa, da súa empresa, do seu banco, ou do fondo especulativo…non vaia ser que poñamos aos raposos a gardar das galiñas. Ou será que hai que recortar
    no gasto público dirixido ao público en xeral ou as clases
    desfavorecidas para poder manter as axudas aos grandes lobbies e
    seguir facendo plans de rescate para o sector bancario?. Non falaban da man invisíbel do mercado, da súa capacidade de autorregulación, pois que o mercado diga tamén para eles. Mais a man invisíbel que todo llelo arranxa aos ricos, afoga visíbel aos pobres… de facto son as súas mans, as do poder económico, as que manexan os fíos desta maraña desinformativa, que agocha a responsabilidade dunha parte e focaliza a atención na outra.

    Vítimas da nosa cobiza agora debemos sacrificarnos dinnos, e teñen razón, fomos cobizosos mais esa, segundo eles, era
    unha virtude para os que querían ser triunfadores no mundo
    capitalista…agora moitos xa saben que o era para o beneficio duns poucos.

    E nada disto quita que non se modifique a acción dos gobernos e as cousas deban seguir igual, imperando os estrago dos recursos, os investimentos destrutores da natureza, os fastos, etc, mais non nos levemos a enganos, o problema ten raíces máis profundas que van ao fondo do sistema económico capitalista, e onde o teito do petróleo é unha das manifestacións máis claras.

  2. miingos
    12 Maio, 2010 at 4:18 p.m.
  3. 20 Xuño, 2010 at 1:50 p.m.

    Nun clarificador artigo publicado en Rebelion.org (orixinalmente na Revista Debate) podemos ler o seguinte:

    Como sostuvo recientemente en Madrid la economista de la Universidad de Maryland, Carmen Reinhart, “la austeridad fiscal no va a resolver el problema de la deuda (de Grecia). Si no crece el PBI, la deuda como porcentaje del mismo obviamente subirá”.

    Polo tanto, como xa sabemos que cunha descida enerxética é imposible que creza o PIB, xa sabemos o que vai pasar… a débeda non deixará de aumentar.

  4. 20 Xuño, 2010 at 1:52 p.m.

    Continúa o autor:

    En el caso español, este razonamiento se hace mucho más evidente ya que el eje de la crisis está en la deuda privada y no en la pública, que es mucho menor y manejable si se pudiera retomar una senda de crecimiento, algo inviable con el nivel de deuda privada tras el estallido de la burbuja en Estados Unidos, Europa y España.

    Imaxinemos o panorama os que xa comprendemos que non é posible “retomar a senda do crecemento”. Débedas públicas e privadas incontrolables. Colapso irremediable da economía.

  5. 26 Febreiro, 2011 at 3:38 p.m.

    Mariano Marzo en El País: “Los cinco países en los que la deuda externa creció más en esos años son los más dependientes del petróleo: Irlanda, Grecia, España, Portugal e Italia.”

    http://www.crisisenergetica.org/article.php?story=20110226113655177

    Moi revelador!