Entrevista a Paolo Scaroni, presidente da petrolera italiana ENI …e posuidor da pedra filosofal

ENIHai un par de días podiamos ler unha entrevista en Expansión co presidente da petrolera ENI, baixo o abraiante título Hay petróleo suficiente para cubrir los próximos 70 años.

Dela podemos extraer algunhas declaracións pertinentes á cuestión do Teito do petróleo, como as seguintes:

la tecnología denominada EST (Eni Slurry Technology), altamente innovadora, que permite convertir íntegramente crudos pesados, bitúmenes y asfaltenos, en productos de alta calidad y eliminando totalmente los residuos.

…é dicir, estes señores deron co modo de vencer as leis da termodinámica, xa que son capaces de eliminar 100% os residuos dun proceso.

Se dice que el petróleo fácil se acabó, ¿cómo afronta Eni este reto?
Yo no diría que se haya acabado. Quedan áreas, como Arabia Saudita, donde puede extraerse fácilmente. No obstante, las petroleras internacionales (IOC) cada vez tenemos más restringido el acceso, mientras las compañías nacionales (NOC), actuales propietarias del crudo, mejoran cada vez más sus capacidades para extraerlo.

La respuesta de Eni a los desafíos que afronta la industria petrolera es desarrollar proyectos innovadores, identificando tecnologías nuevas y competitivas, que permitan nuestro crecimiento dentro de un marco sostenible.

Sostible? Un recurso finito non renovable? O señor Scaroni debe tomar ao público por parvo, ou ten un concepto da sustentabilidade ben curioso!

¿Cree que el mundo está próximo al límite de su capacidad de producción de petróleo?
Hay mucho petróleo. Por ahora, nuestro planeta tiene disponibles unas reservas llamadas seguras cifradas en más de un billón de barriles. Dichas reservas seguras son mayores que todo el crudo consumido desde que comenzó la era del petróleo, a finales del siglo XIX. Pero, para mejor entender cuánto crudo nos queda aún, a esas reservas probadas como seguras hay que añadir las probables y posibles adicionales. En total, bajo tierra quedarían, como mínimo, unos cinco billones de barriles, suficientes para cubrir el consumo mundial para los próximos 70 años.

É dicir, o mago Scaroni pensa que se pode utilizar o 100% do petróleo que hai na terra sen ter en conta que ningún xacemento nunca na historia foi aproveitado ata a derradeira gota, debido a unha cousa chamada TRE ou EROEI, taxa de retorno ou rendemento enerxético. Os primeiros barrís sempre son doados de sacar, pero a dificuldade aumenta e ao final sempre queda unha cantidade que non se pode (fisicamente) extraer ou non compensa (enerxeticamente).

4 thoughts on “Entrevista a Paolo Scaroni, presidente da petrolera italiana ENI …e posuidor da pedra filosofal

  1. 19 Maio, 2010 at 8:02 a.m.

    Engado a avaliación que fai o noso compañeiro Xoán Doldán:

    “En España tenemos la sensación, tras vender todas sus gasolineras a la petrolera portuguesa Galp, de que Eni no está demasiado interesada en nuestro mercado. ¿Es así?”

    Comezamos ben, este non é máis que un xogo de estratexia comercial e contable dentro dun mesmo grupo. ENI S.p.A. ten o 33,34% do capital de Galp (accionista principal en pé de igualdade con Amorim Energia, B.V.), polo que a tal venda non é máis que trasladar a propiedade formal de unha parte do grupo cara unha filial. Estase logo a informar, a confundir, o simplemente non están documentados (?) no xornal. Grazas que o Sr. Scaroni non agocha que ademais

    “Estamos en el mercado gasista español, participando con un 50% en Unión Fenosa Gas. Nuestra presencia en el negocio petrolero downstream (refino y distribución) es más bien limitada. Pensamos que consolidar nuestras actividades downstream de la Península Ibérica en Galp, siendo Eni uno de sus principales accionistas, podría crear sinergias y añadir valor a ambas compañías.”

    “Se dice que el petróleo fácil se acabó, ¿cómo afronta Eni este reto?”

    A resposta non é tan mala como semella en principio e dá algunhas chaves interesantes. Di Scaroni “Yo no diría que se haya acabado. Quedan áreas, como Arabia Saudita, donde puede extraerse fácilmente”, que é case como dicir, acabar non se acabou posto que aínda queda en Arabia Saudita, pero si é certo que nos outros sitios o que hai é petróleo difícil. Por se fora pouco engade “No obstante, las petroleras internacionales (IOC) cada vez tenemos más restringido el acceso [al petróleo fácil], mientras las compañías nacionales (NOC), actuales propietarias del crudo, mejoran cada vez más sus capacidades para extraerlo”. Ou sexa, que petróleo fácil queda apenas en Arabia Saudita e pouco máis, pero cada vez vai ser máis difícil que as petroleiras occidentais podan ter acceso directo ao mesmo. Porén, o home é optimista e deste escuro panorama tira un incentivo, “El desafío que supone el petróleo difícil representa una oportunidad para las IOC que pueden mantener su acceso a las reservas, añadiendo valor mediante su tecnología. Tienen un papel definitivo donde está el petróleo difícil”. Dito doutro modo, ás IOC o que lles queda é o petróleo difícil ao que haberá que acceder sempre que se conte coas melloras tecnolóxicas necesarias que engaden valor, é dicir, que será máis caro extraelo, polo que haberá que vendelo máis caro. Petróleo máis difícil e máis caro, logo é o fin do petróleo barato?. Scaroni semella afirmalo malia non dicilo directamente. Por se non fica claro, di

    “Por ello, empresas como Eni nos hemos movido hacia ese petróleo: proyectos demasiado grandes, costosos, complicados y que representan retos tecnológicos para algunas NOC. La complejidad y dificultad técnica de muchos grandes proyectos actuales requieren capacidades que sólo un reducido grupo de IOC han desarrollado hasta ahora”,

    que ven a ser o mesmo que afirmar que aínda dispoñendo da tecnoloxía, a complexidade e o encarecemento do proceso serán cada vez maiores, evidenciado un EROI cada vez menor, ficando un pequeno grupo de empresas con capacidade de emprender ditos proxectos para unha oferta de petróleo cada vez máis ríxida e un número de oferentes tamén menor, en menos mans.

    E que o petróleo barato ten chegado ao seu fin, tamén se evidencia noutra das respostas cando se lle pregunta “¿Qué está haciendo Eni en este tema?”, ao que Scaroni di que se están dirixindo a “proxectos innovadores” que lles permitan traballar en “xacementos submarinos, en augas moi profundas” ou traballar con “crus pesados ou non convencionais”, mesmo “crus ultrapesados e areas asfálticas”, dos que di que “jugarán un importante papel en los próximos años, para ampliar los suministros energéticos”, ao que engadiríamos nós, xa que o petróleo convencional estará a declinar.

    Mais este dicir sen querer dicir, mesmo falando de oportunidades empresariais, cando se trata de dar resposta á drástica inflexión nos mercados petrolíferos (xa se sabe, iso de ver as oportunidades en tempos de crise), lévao a preñado dese optimismo, falar da tecnoloxía EST (Eni Slurry Technology) como unha versión actualizada da pedra filosofal, que todo o que toca o converte en combustíbel, xa que afirmar que “permite convertir íntegramente crudos pesados, bitúmenes y asfaltenos, en productos de alta calidad y eliminando totalmente los residuos” ven a ser o mesmo que dicir que podemos transmutar calquera material en ouro. Sona bonito pero é falso, podemos deixar de chamar residuo ao residuo, e queimalo igual que se queima o lixo nas incineradoras pero ao final sempre haberá unha fracción residual, e posiblemente moi tóxica se consideramos o tipo de material que utilizamos, petróleo de baixa calidade e mesturado con outros elementos.

    No entanto, sen dúbida, a mellor resposta é a que da Paolo Scaroni, cando se lle pregunta “¿Cree que el mundo está próximo al límite de su capacidad de producción de petróleo?”
    E di, e paga a pena reproducir integramente a resposta,

    “Hay mucho petróleo. Por ahora, nuestro planeta tiene disponibles unas reservas llamadas seguras cifradas en más de un billón de barriles. Dichas reservas seguras son mayores que todo el crudo consumido desde que comenzó la era del petróleo, a finales del siglo XIX. Pero, para mejor entender cuánto crudo nos queda aún, a esas reservas probadas como seguras hay que añadir las probables y posibles adicionales. En total, bajo tierra quedarían, como mínimo, unos cinco billones de barriles, suficientes para cubrir el consumo mundial para los próximos 70 años”

    .

    Que forma máis elegante de enganar ao persoal dicíndolle a verdade (ou case), e afirmando (implicitamente) aquilo que se pretendía negar.

    Fagamos contas con Sr. Scaroni. Segundo di, para os próximos 70 anos queda petróleo baixo terra entre as reservas coñecidas (probadas como seguras), as probábeis (dado o coñecemento tecnolóxica actual e que aínda non descubrimos) máis as posíbeis (porque sempre haberá algo máis do que agora somos capaces de dicir que hai!), superior ao que se consumiu desde finais do século XIX. É dicir, nos próximos 70 anos poderemos gastar “tanto petróleo” como nos anteriores 120 (?) anos. Algo falla. Supoñamos que o 100% do consumido nos últimos 120 anos se consumira en fraccións anuais iguais (sabemos que non é así porque o consumo anual foi incrementándose de forma continuada, pero imos manter a hipótese para facilitar os cálculos). De ter sido así, cada ano teríase consumido un 0,833% dese petróleo xa utilizado. Para os próximos anos e supoñendo unha cantidade de petróleo igual teríamos para cada ano un consumo do 1,428% do total que fica baixo terra. Até aquí ningún problema, xa que isto significaría que cada ano poderíamos dispor dun 71% máis petróleo que no período anterior.

    Pero as cousas non son tan simples. Hai dúas variábeis a considerar. Unha, a demográfica. A finais do século XIX a poboación mundial era aproximadamente unha cuarta parte da actual, polo que supoñendo que ese crecemento foi lineal (que non foi, pero de novo a efectos de facilitar o cálculo), isto suporía que en 1950 se tería duplicado (na verdade era xa algo máis do dobre), en 1980 triplicado até chegar a cuadriplicarse na actualidade. Supoñendo tamén un incremento lineal do consumo enerxético (con un consumo percápita homoxéneo en todo o mundo, que non o é, e estábel, que tampouco o é), iso significaría que o consumo anual de 1950 sería o dobre que a finais do XIX, en 1980 o triplo e en 2010 o cuádruplo. Isto viría a significar, aproximadamente, que un terzo de todo o consumo de petróleo se tería dado nos primeiros 60 anos (ante de 1950) e os dous terzos restantes nos últimos 60, e incluso que un 45% do total se tería realizado nos últimos 30 anos (un valor anual medio que suporía un 1,5% do total do petróleo do período, e que mesmo se aproximaría a un 1,57% se só consideráramos o nivel de consumo medio dos últimos 10 anos). Dito doutro xeito, segundo isto, e de acordo co que afirma Scaroni, nos próximos 70 anos con todo o petróleo coñecido, case coñecido e que agardamos coñecer (é dicir, con todo o optimismo do mundo) non seríamos capaces de manter o nivel de consumo medio de petróleo dos últimos anos (1,57%-1,5% do total, fronte ao 1,428% medio anual), e menos aínda seguir a aumentar a demanda tal e como indican os informes da Axencia Internacional da Enerxía, ou como se agardaría nun escenario de novo crecemento económico. Algúns pensarán que pasar do 1,57% ao 1,428% non é tanto, e non o é, TAN SÓ é reducir o consumo anual nun 10% respecto ao actual. E como estas reducións non son tan doadas, o que cumpriría agardar é que esa redución fora máis lenta ao principio, o que significaría que o descenso no consumo tería que ser aínda superior ao 10% nos anos posteriores. E se o escenario do fin do petróleo, segundo Scaroni, podería estar a 70 anos vista, que significa isto?, que no 2080 estaríamos dando remate á era do petróleo?, oferta de petróleo case nula?. Se este for o final, cal sería o tránsito?. Seguindo un proceso de descenso semellante ao ascenso dos últimos 120 anos, e coas mesmas premisas simplificadoras utilizadas anteriormente, teríamos que en 2045 xa levaríamos esgotado dous terzos das reservas coñecidas, case descoñecidas e que queremos coñecer, e que de 2045 a 2080 teríamos unha cantidade de petróleo no mercado en cantidades semellantes aos que había antes da segunda guerra mundial (cando apenas íamos entrar na era do automóbil e da aviación civil). Un petróleo ademais máis caro, máis difícil de extraer, de peor calidade…

    Certamente, Scaroni ten razóns para querer ser optimista. O futuro que nos pinta, baixo unha mensaxe que aparenta dicir o contrario, é bastante inquietante. De estar no certo, estaremos preparados para un cambio tan drástico na estrutura enerxética nos próximos 35 anos?. Esta resposta non aparece, nin sequera implícita, e o obxectivo inmediato é seguir facendo negocios onde se poida e co que se poida. Quizás esa sexa a súa alternativa, máis non debe ser a nosa.

  2. Manuel Amigo
    19 Maio, 2010 at 9:32 a.m.

    Eu logo de leer con atención o artigo , penso que o problema non e o que di o Sr Scaroni , se nón o titular que se sacou da manga o articulista de el Economista.

    Logo de facer esta misma entrevista , eu mesmo podería poñer o seguinte titular:

    Paolo Sacaroni presidente de Eni confirma o inicio do Peak Oil.

  3. Xoán Doldán
    19 Maio, 2010 at 1:07 p.m.

    Posto que quizás os cálculos de antes podan resultar confusos, unha aclaración a maiores. Se a demanda anual de petróleo que recoñece a AIE na actualidade, permanecese constante no futuro (non previsíbel, tal e como recoñece a mesma AIE que indica un aumento substancial da demanda) as reservas seguras das que fala o Sr. Scaroni, darían para uns 31 anos, é dicir, poderíamos manter a demanda actual (sen aumentala) durante 31 anos, a cambio de que no ano 32 as reservas seguras de hoxe quedasen totalmente esgotadas.

    A partir de aí, só teríamos a nosa disposición as reservas que denomina probábeis (sen desenvolver e, polo tanto, non seguras) e posíbeis (nos que o grado de incerteza é altísimo, ou dito doutro xeito, posíbeis pero non necesariamente probábeis, logo inseguras). Como el mesmo afirma trátase de petróleo difícil, do que deriva un EROI cada vez menor. Asi que por moito que ese petróleo non seguro multiplique (como el afirma) por 5 ao seguro, tamén sabemos que moito del ficará para sempre baixo terra, por difultades tecnolóxicas, a necesidade de investimentos que se irán encarecendo cada vez máis (o que sen dúbida fará o petróleo máis caro, no que será o fin do petróleo barato e unha restrición económica cada vez maior a persoas e países con menos renda dispoñíbel), e unha taxa de retorno enerxético achegándose máis rapidamente a 1 (e antes de chegar a esa cifra, sen dúbida, as extraccións cesarán ou diminuirán, o que de novo repercutirá nunha subida de prezos e restricións no acceso ao mesmo)

    O escenario de futuro que resulta de aquí non ofrece dúbidas. A demanda de petróleo nos próximos anos non debería aumentar, é máis debería ir reducíndose para acomodarse á nova situación do lado da oferta, con dificultades na extracción, maior prezo…
    Iso mesmo é do que falamos cando falamos do teito do petróleo e da necesidade de transitar cara unha sociedade sen petróleo.