A falsa eficiencia enerxética promovida pola Xunta

Lemos hoxe no ABC nunha noticia da axencia EFE:

Plan de vehículos eficientes supuso ahorro energético de 48 ton. de petróleo

Plan re-móvete... unha estafa enerxética

Santiago de Compostela, 30 may (EFE).- El plan de vehículos eficientes ha posibilitado un ahorro energético de 48 toneladas equivalentes de petróleo al año, lo que supone la reducción en la emisión a la atmósfera de 162 toneladas de CO2 y una inversión asociada de tres millones de euros.

La Xunta informó de que este proyecto, que forma parte del plan Re-Móvete, se ha cerrado hasta completar el presupuesto de 500.000 euros, con un total de 227 ventas.

El plan de vehículo eficientes es una línea de ayudas con la que se pretende potenciar y renovar el parque automovilístico gallego e impulsar una mayor eficiencia energética en el sector del transporte, a través de incentivos para la adquisición de vehículos nuevos o transformaciones para que se alimenten de combustibles alternativos a los convencionales de gasolina o gasóleo.

A través del plan, cuyas ayudas se abrieron el 1 de febrero, se incentivó la compra de vehículos nuevos de propulsión eléctrica, híbrida o de medios de transporte alimentados con gas natural, licuado, petróleo GLP o hidrógeno. EFE

Analicemos algúns aspectos desta noticia:

supuso ahorro de 48 toneladas de petróleo indican na entrada, en pasado, aínda que despois explican que un ahorro energético de 48 toneladas equivalentes de petróleo al año e que ayudas se abrieron el 1 de febrero. É dicir, están dando por aforrado o petróleo preciso para fabricar unha gasolina que aínda non se consumiu. Polo tanto o titular en pasado é xa de entrada falso. Debería dicir en todo caso que permitirá aforrar 48 toneladas ao ano.

Pero vexamos outro dato que tamén faría falso ese novo titular. Fabricar un vehículo deste tipo consume o equivalente a 1 tonelada de petróleo (vid. a nosa sección de datos). É dicir, xa no primeiro ano teríamos que 227 coches x 1 Tn/coche = 227 Tn consumidas. Se permiten aforrar 48 Tn en consumo o primeiro ano, temos un saldo de +179 Tn de saldo neto: é dicir, non aforran 48 senón que consumen máis do triplo! Para poder amortizar ese consumo coa gasolina que non gastarán ao longo do seu uso, teríamos que esperar 3,72 anos máis. É dicir, que a partir do 5º ano de uso si que achegarían -en teoría- un aforro neto estes novos coches comparado co que terían consumido vehículos vellos a gasolina ou gasoil. Iso sempre que o consumo destes combustibles fose o que é na actualidade. Non sei con respecto a que ano toman eses consumos medios, pero se temos o petróleo a máis de 100$ de novo dentro de 1 ano, ou 2… seguro que con eses prezos non se tería consumido tanto, e así a comparación debería alongarse no tempo e se cadra non sería favorable ao coche alternativo ata o 6º ou 7º ano.

Aínda que un cálculo máis rigoroso debería incluír tamén o consumo enerxético de trasportar os coches (ou furgonetas) novos desde o punto de fabricación ao de venda, así como o custo de disposición dos coches vellos que son substituídos por estes, ou custos adicionais que impliquen estes novos tipos de vehículos en función de se precisan baterías por seren eléctricos, etc.

Outro dato interesante é que esta xogada, tan pouco ecolóxica, supón uns 2.200 euros de diñeiro público por cada coche vendido. É dicir, non aforra nin enerxía nin cartos.

Unha xogada redonda soamente para os fabricantes de coches, que nos intentan coar como eficiente e beneficiosa para o conxunto dos cidadáns e do planeta, con mentiras coma esta nos medios de comunicación. Isto non son plans de eficiencia: son novos modos de saquear as arcas públicas en beneficio duns poucos.

5 thoughts on “A falsa eficiencia enerxética promovida pola Xunta