Documental sobre un mundo sen petróleo en National Geographic TV

Onte emitiron no canal de TV de National Geographic o documental El mundo sin petróleo da serie Reacción en cadena, que pretende presentarnos como podería ser o final do petróleo.

O mundo sen petróleo

Este documental, que pode verse online en 4 fragmentos no web de Terra, preséntase da seguinte maneira:

National Geographic Channel estrena “Reacción en Cadena”, una impresionante serie documental en la que realizaremos un exhaustivo análisis de lo que ocurriría en nuestro planeta si el delicado equilibrio que nos sostiene se quebrara de forma repentina.

A través de imágenes generadas por ordenador de un impactante dramatismo y del testimonio de expertos comprenderemos la importancia de los delicados hilos que tejen la vida en nuestro Planeta.

En “El mundo sin petróleo” recrearemos el efecto devastador que tendría la pérdida total del principal motor energético del mundo y cómo la humanidad se vendría abocada a vivir sin alimento y agua potable en ciudades gélidas en los largos inviernos continentales.

¿Cómo sería un mundo sin petróleo? La energía que mueve nuestro mundo se agota y parecemos no ser conscientes de ello. Si un solo día sin este poderoso fluido los daños podrían ser irrecuperables, su extinción total, sería la catástrofe. En este documental recreamos una vida en la que el hombre carecería de alimentos y energía eléctrica con la que abastecerse y las ciudades se convertirían en invierno en una enorme jaula helada de hormigón y cristal. Un impactante documental en el que National Geographic Channel nos invitará a reflexionar acerca de otras energías que pueden llegar a evitar esta dramática situación.

A continuación incluímos algunhas das avaliacións dos membros de Véspera de Nada que o viron:

Acabo de ver o primeiro dos catro documentais (de 10 minutos). Non sei o resto, pero este ilustrando ben as relacións que se establecen entre o petróleo e o conxunto de actividades económicas e esa reacción en cadea que provoca a súa desaparición, adopta, para o meu gosto, unha visión “demasiado” apocalíptica, que creo que (curiosamente) non favorece á comprensión do problema. Explícome, ten un tono hollywoodiense de cine de catástrofes, nun mundo no que o petróleo desaparece de repente e por sorpresa do mundo na súa totalidade. O efecto schock necesariamente é terrible. Como sabemos non vai ser así o conto, poderá haber unha caída máis ou menos suave pero paulatina, ou máis ou menos brusca, e tal e como está a acontecer iremos vendo que o mundo comeza a transformarse aínda que moitos sigan sen percatarse da relación co petróleo. Mesmo estas transformación amortecen esa percepción desvíando a atención a outros elementos críticos (en parte causa da crise actual, crise con múltiples faces, en parte consecuencia do teito do petróleo). Así que cando chegue ese día crítico (petróleo desaparecido) xa teremos sofrido abondosamente. As restriccións do petróleo para moitos comezarán moito antes de que desapareza totalmente o petróleo.

Con todo, haberá que ver o resto dos documentais porque seguramente axudarán a visualizar ese mundo post-petróleo cara o que imos.

se xa empezan así non vexo eu que teña moita utilidade o que conten, porque parten dun suposto imposible: a desaparición brusca do petróleo. A transición non poderá ser nin de lonxe parecida nun caso e no outro.

Concordo contigo no da visión Holliwodiana eche o mesmo formato atontolinante de MEGACOSNTRUCIONS, MEGAMAQUINAS, MEGACEPILLOS DE DENTES,ect.

E moi triste pero para ver os primeiros resultados do cenit do petroleo so tes que mirar a tele, ler os periodicos, escoitar a radio ou chafullar por internet, eso si con ollos moi criticos, ou mesmo mirar cantos veciños tes no paro, como baixa o traballo nas empresas,ou como a xente cada día esta mais apretada, velaí tes as primeiras e claras señais do cenit.

Acabo de papalo todo para ver que non e mais que propanga alimentando a esperanza tecnologica en base a considerar o litio como unha especie de miragre e as algas sustituindo o petrolo, hasta logo lucas.

Esta ben para pasar un anaco vendo unha pelicula de ciencia ficción pero non aporta nada, a imaxen do final coas cidades reconstruindose de novo, (grandes rañaceus ) memorable.

Concordo con vos , intentan meternos unha visión apocaliptica do tema pero partindo da base de un imposible que e a falla repentina e absoluto de crudo calquer analise serio perde toda a credibilidade.

12 reflexións sobre “Documental sobre un mundo sen petróleo en National Geographic TV