O que fora máximo asesor en materia científica do goberno británico entre 2000 e 2007, Sir David King ataca de novo e acusa aos gobernos de practicar a política da avestruz con respecto ao petróleo. Traducimos a noticia aparecida o mércores pasado en The Guardian:
Quen fora máxima autoridade científica do Reino Unido atacou os políticos e mais aos expertos da industria que están a practicar a política da avestruz con respecto aos minguantes subministros de petróleo.
Sir David King afirmou que os gobernos, incluido o do Reino Unido, estaban desmasiado desexosos de crer nas optimistas predicións dos economistas que lles din que “o petróleo vai seguir saíndo do chao practicamente por sempre”.
King, quen fora conselleiro en xefe en materia científica do goberno entre 2000 e 2007, é na actualidade director da Smith School of Enterprise and the Environment en Oxford.
Segundo explicou: “Iso é o que os gobernos queren escoitar, e iso é o que escoitan, e o goberno británico como tantos outros”.
Engadiu que aqueles con intereses creados sobreestiman unha e outra vez cando petróleo accesible queda no solo. As reservas de petróleo convencional son un 30% máis baixas do que se informa publicamente, asegurou.
As fontes de petróleo xa existentes están a facerse máis difíciles de explotar, dixo, o cal leva a un meirande uso de fontes non convencionais como a perforación en augas profundas, cos impactos medioambientais que inclúen os que se están a ver co derrame da Deepwater Horizon no Golfo de México.
Afirmou que a demanda de petróleo ha superar a capacidade de extracción tan cedo como no 2015, o cal elevará os prezos aínda máis.
King fixo estas declaracións aos xornalistas nunha conferencia sobre transporte de baixas emisións de carbono. Dixo que o sector do transporte contribúe nunha propoción moi significativa ás emisións de carbono e que depende moito dos combustibles fósiles, como o queroseno, para facer voar os avións.
Aínda que se considera o transporte como o sector máis difícil de descarbonizar, dixo que se precisaba tomar accións de maneira inmediata para permitir que a xente e as mercadorías se segan a mover mentres se vai reducindo a dependencia dos combustibles fósiles.
“Non podo esaxerar a importancia de persuadirmos aos gobernos para que centren a atención no que vai ser un asunto moi importante a medida que entremos na seguinte década.”
“É labor do goberno guiarnos cara unha economía desfosilizada empregando os incentivos regulatorios e financeiros dispoñibles.”
“As tecnoloxías xa existen para fornecer un transporte baixo en carbono, pero precisamos incentivar ao sector privado para que leven estas solucións ao mercado.”
Oliver Inderwildi, autor principal dun informe sobre o transporte baixo en carbono editado pola Smith School, afirmou que “Ao final, a era do petróleo barato vai rematar e os combusibles alternativos, a electrificación do transporte por estrada, as células de combustible e a economía do hidróxeno todas elas xogarán un papel en fornecer unha mobilidade baixa en carbono”.
Máis sobre estas declaracións en BusinessGreen.com.
3 reflexións sobre “David King acusa aos gobernos de practicar a política da avestruz co petróleo”