O Teito do petróleo nun blog de The Economist: os brokers comezan a falar claro

The Economist comeza falar do peak-oil!Hai un par de días sorprendíamonos lendo no blog financeiro Buttonwood’s notebook que fai parte do web de The Economist, unha reseña dun informe que falaba sobre o Teito do petróleo. Isto non soamente ven confirmar a impresión que se está xeralizando entre o movemento pola concienciación sobre o peak-oil de que este asunto está saíndo por fin á luz pública nos grandes medios, senón que analizando o contido do devandito informe hai outras boas novas: os propios axentes financeiros están comezando a recoñecer a realidade e os perigos de fondo que ameazan a economía mundial.

A reseña do informe titulado Dangerous Exponentials, publicado pola axencia de brokers Tullett Prebon e elaborado por Tim Morgan conta aos lectores de The Economist feitos para nós xa ben coñecidos, pero que non se adoitan ler con tanta claridade nese tipo de medios:

  • Desque o sistema monetario internacional rachara co patrón ouro en 1971 hai certas variables a medrar exponencialmente: a débeda pública, a masa monetaria e a inflación.
  • A poboación e a enerxía consumida a nivel mundial tamén levan tempo medrando exponencialmente, de feito medran en paralelo desque o sistema económico comezou a empregar masivamente o carbón e despois o petróleo.
  • Cítase a Chris Martenson cando di que a poboación actual do planeta só se sostén grazas aos combustibles fósiles, nomeadamente o petróleo.
  • O carbón (e despois o petróleo) permitiu fuxir do destino previsto por Malthus, permitindo producir comida con menos agricultores e desprazar a man de obra sobrante cara a crecente industria.
  • Aínda que se van descubrindo novos recursos petroleiros (areas bituminosas, petróleo baixo augas profundas) o problema que fallan en ver a inmensa maioría dos economistas e dos políticos é que o seu rendemento enerxético é cada vez menor e o seu custo económico cada vez meirande.
  • A riqueza da humanidade é unha función da TRE, e está caendo.
  • A base das sociedades industrializadas non só está na dispoñibilidade de enerxía abondosa, senón de enerxía barata.
  • As fontes alternativas de enerxía son insuficientes para invertir esta tendencia.
  • O autor advirte de que o resultado desta tendencia é unha catástrofe económica.
  • Os economistas ortodoxos (por contraposición aos ecolóxicos) non se fixan nos rendementos enerxéticos, e iso supón un verdadeiro burato negro que anula todo o seu aparato habitual de análise das dinámicas económicas e sociais.

Estamos diante do comezo do necesario troco de paradigma do pensamento económico? Aínda parece lonxe pero este tipo de pasos apuntan nunha boa dirección.

2 thoughts on “O Teito do petróleo nun blog de The Economist: os brokers comezan a falar claro

  1. 11 Xuño, 2010 at 7:25 p.m.

    Acerca desta viraxe que se comeza producir nos grandes medios (se cadra como consecuencia indirecta da catástrofe no Golfo de México), quero citar una anaco do último post de John Michael Greer:

    Over the last year or so, the journey from fringe to mainstream has shifted into high gear. Peak oil has become a known quantity in the financial media, with a growing number of market pundits treating it as a real and inevitable phenomenon; blue-ribbon panels of various kinds are advising various governments that they really had better start paying attention to the future of petroleum; the US military has given dwindling energy supplies a place high up on the list of imminent threats to America’s security; even the world of haute culture, so often last in line to notice even the biggest changes sweeping through society, has been served up with a jumbo helping of peak oil courtesy of the Dark Mountain Project. All that remains is for the political leaders of an industrial nation to start talking about peak oil, and to judge from some of Barack Obama’s recent press conferences about the BP oil spill, that day may not be too far away.