Revista de prensa: o Teito do petróleo nos medios

O peak oil estáse a converter nalgo cada vez máis recoñecido e aceptado, con matices ou sen eles. Isto estase reflectindo nunha aparición cada vez máis clara e frecuente do tema en importantes medios de comunicación. Por esa razón e para facilitar o seguimento destas necesarias mencións ao problema vimos de crear unha nova categoría de posts. Nela iremos recollendo as mencións pasadas (New York Times, The Guardian, Le Monde, Financial Times, Telegraph, La Vanguardia, El Correo Gallego, Reuters, Europa Press, etc.) e futuras do tema na prensa local e internacional.

Se coñeces algunha que non teñamos recollido podes enviárnola deixando un comentario ao pé desta nova. Grazas.