Precisamos máis economistas ca nunca, mais… que clase de economistas?

Xoán DoldánNo contexto dos debates na lista de correo da nosa asociación Xoán Doldán deixounos esta breve pero alumeadora reflexión sobre a necesidade de repensar a Economía, que quixemos compartir cos lectores do noso blog:

Creo que nunca farán tanta falta os economistas como agora. O pior é que as facultades de economía de grande parte do mundo e un feixe de materias das outras habería que tirar con elas. Habería que volver á raíz do que é (debía ter sido) a economía: o goberno ou administración (némein) da casa (do oikos). Pero ese oikos ou casa para os gregos incluía tanto a persoas como bens, era o ámbito doméstico, que na maior parte dos casos significaba unha unidade agrícola que, a un tempo, era unidade económica e social capaz de fornecer do necesario para as persoas que alí habitaban e traballaban. Así que a vida da xente viraba ao redor do oikos, a súa vida material e espiritual, os deberes e as responsabilidades.

E como nos dicía Aristóteles había que diferenciar entre a economia (oikonomiá) e a crematística (do grego khrema, a riqueza, a posesión) é dicir do arte de facerse rico, de obter beneficios e acumular riquezas. Por iso considera que acumular diñeiro vai contra natura e deshumanizan a quen a exerce, polo que debe condenarse. Tanto o comercio (troco de diñeiro por bens) como a usura (prestar diñeiro con intereses) non producen nada e resultan condenábeis. Só a relación directa entre produtor e comprador resultaría lícita.

O malo é que a economía acabou por se converter en crematística, sobre todo desde o século XVIII, e agora aos “economistas” educámolos moito (case todo) na crematística e pouco (case nada) na economía.

2 thoughts on “Precisamos máis economistas ca nunca, mais… que clase de economistas?

  1. miingos
    27 Xuño, 2010 at 11:09 a.m.

    La ciencia económica ha intentado poner entre paréntesis la naturaleza profundamente subjetiva de los comportamientos económicos con el objetivo de asegurar sus pretensiones de ciencia exacta y favorecer el desarrollo de su matematización.

    La crisis parece sugerir que había otros derroteros posibles(…)
    Se percibe un deseo de recuperar una visión integral de la economía como una realidad antropológica y social, que tome en consideración las pasiones humanas y las repercusiones sociales, más allá de los modelos abstractos al uso.
    (…)
    Aplicar teorías al mundo real exige dominar un gran número de conocimientos sobre la política, la historia y el contexto local(…)
    Las llamadas a construir “otro mundo” son un signo de que el altermundialismo concede demasiada realidad al modelo que combate

    Los monopolizadores del realismo económico pueden sentirse bastante cómodos si quienes les critican no les plantan cara en el plano de la descripción de la realidad sino en el de los valores.

    DANIEL INNERARITY 26/06/2010
    http://www.elpais.com/articulo/portada/ciencia/economica/elpepuculbab/20100626elpbabpor_23/Tes