Izquierda Unida pregunta ao goberno español polo Teito do petróleo e as manipulacións da AIE

Esquerda UnidaPor medio de contactos con Esquerda Unida, a federación galega de IU, a nosa asociación conseguiu que o pasado día 24 de xuño Gaspar Llamazares, voceiro da coalición de esquerdas, presentase no rexistro do Congreso dos Deputados unha pregunta por escrito que o goberno deberá responder.

Grazas a IU poderemos saber cal é a posición do Goberno español respecto ao problema do Cénit do petróleo e que fiabilidade lles merecen as previsión da AIE despois da pescuda feita por Lionel Badal e que revelou as manipulacións dos informes desta por presións dos EUA.

Malia termos tentado tamén que o BNG presentase a pregunta tanto no Parlamento Galego como en Madrid, non obtivemos resposta e foi IU quen trasmitiu a nosa solicitude de información sobre o asunto. Sabemos que dentro do BNG hai xente como o alcalde de Teo preocupada e concienciada polo tema do Teito do petróleo, pero ou non é algo compartido polos seus compañeiros de coalición ou non tiveron a capacidade de resposta precisa para preguntar oficialmente ao goberno galego nin ao español. Agardamos que troquen de postura porque o noso país precisa poñermos esta grave cuestión n o centro do debate político.

Velaquí o texto da pregunta presentada por Llamazares:

A LA MESA DEL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS

Al amparo de lo establecido en el Reglamento de la Cámara, se presenta la siguiente PREGUNTA dirigida al Gobierno para la que se solicita respuesta escrita.

Existen serias dudas acerca de la fiabilidad de las previsiones de la disponibilidad mundial de petróleo realizadas por la Agencia Internacional de la Energía (AIE), dependiente de la OCDE. Según se ha publicado en Le Monde, The Guardian y Die Zeit, y según afirmó el 17 de mayo de 2010 el investigador Lionel Badal en su comparecencia ante la Comisión Europea, en 1998 dicha agencia descubrió que a partir de 2014 la oferta mundial de petróleo comenzaría a disminuir irreversiblemente, pero por presiones de las autoridades estadounidenses, en los sucesivos informes anuales que publica dicha Agencia ha venido tergiversando la información, haciendo creer a los gobiernos de la OCDE que existirá un petróleo “on identificado” que cubrirá el crecimiento de la demanda, aunque este petróleo “no identificado” aún no está disponible pese a que según la agencia ya debería estar en el mercado. Varios elementos parecen anunciar el momento del “cénit” o “techo” en que la oferta de petróleo dejará de crecer y comenzará un continuo descenso que provocará desabastecimientos de la demanda y subidas del precio del crudo.

Estas perspectivas indican que el modelo económico actual, dependiente del petróleo, no es sostenible, algo que las instituciones responsables pueden estar tratando de ocultar.

Por todo ello, se formulan las siguientes preguntas:

1) ¿Conoce el Gobierno las presiones estadounidenses que desde 1998 se vienen ejerciendo sobre la AIE para que oculte las previsiones reales de la oferta mundial de petróleo?

2) ¿Asistió algún representante del Gobierno a la comparecencia del investigador Lionel Badal ante la Comisión Europea el día 17 de mayo de 2010 para informar de este asunto?

3) ¿Considera el Gobierno fiables las previsiones de la AIE después

4) ¿Ha iniciado el Gobierno alguna gestión ante el gobierno de EE.UU. para verificar si ha existido manipulación y engaño deliberado al resto de estados de la OCDE?

5) ¿En qué fecha estima el Gobierno que se producirá el llmado “techo” o “cénit” de la producción mundial de petróleo?

6) ¿Está tomando medidas concretas el Gobierno para enfrentarse a los problemas adicionales que va a suponer el declive de la producción de petróleo, con el incremento de precios y el impaco estructural que el cambio supondrá en materia económica y social, especialmente en cuanto al crecimiento del PIB y los Presupuestos Generales del Estado?

Palacio del Congreso de los Diputados
Madrid, 23 de junio de 2010

Fdo.: Gaspar Llamazares Trigo
Diputado de IU

Esquerda Unida enviou onte un comunicado de prensa onde daban conta desta iniciativa tan importante, que vai obrigar ao Goberno español a dar explicacións:

EU LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS O DEBATE SOBRE O CÉNIT DO PETRÓLEO E A CRISE ENERXÉTICA

ESQUERDA UNIDA DESENVOLVE UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS PARLAMENTARIAS NA PROCURA DE COÑECER A POSICIÓN DO GOBERNO DIANTE DO CÉNIT DO PETRÓLEO

PARA ESQUERDA UNIDA O EMINENTE (sic) CÉNIT DO PETRÓLEO E A EVIDENCIA DO CRECEMENTO EXPOÑENCIAL DA DEMANDA, VEN A DEMOSTRAR QUE O MODELO ACTUAL BASEADO NA ECONOMÍA GLOBAL DEPENDENTE DO PETRÓLEO NON É SUSTENTABLE

Na actualidade existen serias dúbidas acerca da fiabilidade das previsións da dispoñibilidade mundial de petróleo realizadas pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE), dependente da OCDE. Diversas publicacións como Le Monde, The Guardian, Die Zeit ou o investigador Lionel Badal na súa comparecencia diante da Comisión Europea o 17 de maio de 2010, indican que en 1998 a AIE descubriu que a partir do 2014 a oferta mundial do petróleo comezaría a diminuír irreversiblemente. Pero debido a presións das autoridades
estadounidenses a AIE estivo a terxiversar a información facendo crer aos gobernos da OCDE que existía petróleo “non identificado” que cubriría o crecemento da demanda. A realidade amósanos que ese suposto petróleo “non identificado” aínda non esta dispoñible pese a que segundo os informes da AIE xa debería estar no mercado.

Cada vez son máis os científicos que están a afirmar que nos atopamos no cénit ou teito do petróleo como xa adiantara o xeofísico stadounidense Marion King Hubbert no seu famoso discurso de marzo de 1956 na convención anual do American Petroleum Institute, en San Antonio, Texas. Segundo estas informacións a oferta de petróleo deixará de crecer e comezará un continuo descenso coa peculiaridade que cada barril de petróleo se fai, progresivamente, máis difícil de extraer ata que a produción deixe de ser rendíbel baixo o feito de que o factor limitador da extracción de petróleo é a enerxía requirida.

Na actualidade a hipótese Hubber convértese nunha teoría amplamente aceptada na comunidade científica e na industria petroleira, o que na práctica significará o descenso de produción que provocará o conseguinte desabastecemento da demanda e a suba de prezos, no que se ven a chamar a crise enerxética.

Estas prespectivas, agravadas pola evidencia que a demanda mundial crece expoñencialmente por mor da incorporación das economías emerxentes como China, India ou Brasil, indican que o modelo actual baseado na economía global dependente do petróleo non é sustentábel.

8 thoughts on “Izquierda Unida pregunta ao goberno español polo Teito do petróleo e as manipulacións da AIE

  1. Camba
    2 Xullo, 2010 at 10:41 a.m.

    O Bloque está a velas vir ou?

    Tamén pode ser que non queiran contradicir o que era a súa política enerxética ata hei ben pouco. Que pensa Fernando Branco da prespectiva do Cénit?

    Martiño semella ser un outsider dentro do Bloque.

  2. 2 Xullo, 2010 at 3:07 p.m.

    Queridos compañeros de Véspera de Nada,

    Es realmente admirable lo que habéis conseguido. Por favor, mantenednos informados sobre la evolución parlamentaria de esta iniciativa.

    Salu2 desde Cataluña,

    Antonio

  3. 8 Xullo, 2010 at 1:49 p.m.

    Gracias, Antonio. No conocíamos tu blog: lo anotaremos para incluir entre nuestras fuentes de información y difusión.

    Por cierto que lo has escrito con un par de letras cambiadas y no se encuentra.

    Te agradecemos también la carta abierta que has dirigido a Rodríguez Zapatero: http://crashoil.blogspot.com/2010/07/carta-al-presidente-del-gobierno.html