O vindeiro martes 20 a nosa asociación participará nunha mesa de debate sobre o tema da Xestión da enerxía, no marco do curso de verán organizado conxuntamente pola Red de Economía Ecológica en España e a USC e que leva por título É posible outra economía? A economía ecolóxica: aspectos conceptuais e aplicacións.
A mesa, coordinada polo Dr. Xoán R. Doldán García, Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, contará cos seguintes participantes:
- D. Benito Fernández González, presidente de ENGASA
- D. Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA
- D. Xosé Veiras García, responsábel da área de enerxía e transporte de VERDEGAIA.
- D. Manuel Casal Lodeiro, representante da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
- Dª. Rosa María Regueiro Ferreira, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela
O debate terá lugar ás 16 h no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, na Avenida da Mariña, s/n (xunto ao parque Miguel Hernández).
Unha reflexión sobre “Véspera de Nada participa no curso de verán da USC sobre a Economía Ecolóxica”