Non temos tempo para substituír o petróleo

É unha das conclusións que expón Robert Hirsch, o que fora autor no 2005 dun informe crucial para o debate científico e político sobre o Teito do petróleo: Peaking of World Oil Production: Impacts, Mitigation, and Risk Management, encargado polo goberno estadounidense pero despois arrombado e agachado polo mesmos que o encargaron.

Agora está a presentar unha actualización e revisión daquel traballo nun novo libro titulado The Impending World Energy Mess. What it is and what it means to you!

Unha das conclusións que se teñen reseñado deste novo traballo podémola sintetizar así:

  1. O declive da extracción mundial de petróleo comezará entre 2012 e 2015.
  2. Aínda que houber un combustible substitutivo (algúns queren soñar con iso!) levaría máis dunha década trocar os parques de vehículos actualmente existentes por outros que puidesen usar ese suposto novo combustible (hidróxeno?!?!), iso sen contar o custo enerxético e os millóns de toneladas de petróleo que consumiría… do derradeiro petróleo! (En canto ao custo económico seguindo as súas estimacións sairía por uns entre 5 e 10 billóns de dólares modificar os mil millóns de vehículos que hai no mundo.)
  3. Construír a infraestrutura para ese suposto novo combustible alimentar ese parque de vehículos levaría entre 10 e 20 anos. E iso se hai enerxía e cartos dispoñibles para tan colosal empresa!

Ou sexa, entre 2012/2015…2022/2035, o trasporte mundial quedaría colapsado.

Seguiremos dando conta deste traballo dun dos especialistas máis citados no estudo das consecuencias socioeconómicas do peakoil.

2 reflexións sobre “Non temos tempo para substituír o petróleo