Bye, bye, cheap oil!

El petróleo barato “se ha terminado” y lo que espera de cara al futuro es un petróleo cada vez más y más caro.

Fatih Birol avisa de novo!!Así citaba hoxe o xornal económico Cinco Días as enésimas declaracións da Axencia Internacional da Enerxía avisando de que rematou a festa, de que a Era do Petróleo barato chegou á súa fin. Noutras palabras, que eles evitan pronunciar: o peak oil.

Fatih Birol, o economista xefe da AIE, fixo estas declaracións en Madrid, dentro da súa tournée de presentación do informe anual WEO, do que xa temos falado nestes últimos días.

O xornal recolle outras das declaracións do Sr. Birol, como que en 2035 las renovables aportarán cerca del 32% del total de la generación eléctrica.

One thought on “Bye, bye, cheap oil!

  1. Xoán Doldán
    19 Novembro, 2010 at 10:38 a.m.

    Uff! o Sr Birol deixoume tranquilo:

    “Apuntó que en 2035 las renovables aportarán cerca del 32% del total de la generación eléctrica”

    De modo que se tranformamos todo o parque de automóbeis a eléctricos, aquecémonos con electricidade, movemos barcos, trens e avións (sic) con electricidade etc etc. xa teremos asegurado que o 32% desa electricidade virá das renovábeis. Só nos quedaría por resolver o 68% restante, claro que para iso temos o carbón, petróleo, gas e nucleares. É o que afirma o Sr. Birol?
    Pero, e se non damos convertido todo á consumo eléctrico?. Nese caso, supoño, iso significaría que ademais dese 68% de electricidade non renovábel, deberemos reservar petróleo ou gas para transporte e calefacción, por exemplo. Non é?
    A non ser que a nuclear xa a computen como renovábel. Non se sabe. É tan limpa, disque, que algúns xa consideran que o é. Por se non o sabedes, din que queimas uranio e logo o combustible utilizado pódelo reciclar e volver a utilizar. Só unha parte, pero,ao parecer, cunde!

    Mal o vexo. Así que o que poida e teña un montiño, que vaia pondo leñiña a secar e ídea amoreando ben para que non
    apodreza.