O panorama do 2008 ameaza con repetirse. A AIE lanza de novo unha alerta aos países da OCDE: os prezos do petróleo van rumo a provocar outra crise financeira.
Segundo publica hoxe The Guardian e foi trasmitido pola propia axencia vía Twitter, os prezos por riba dos actuais 95$/barril poden facer descarrilar a tímida recuperación económica.
Traducimos a continuación algúns fragmentos da noticia con declaracións de Fatih Birol, economista xefe da AIE:
Segundo os cálculos da AIE o custo da importación de petróleo dos 34 países que forman a OCDE pasou dos 200.000 millóns de dólares no 2009 aos 790.000 a finais de 2010.
“Os prezos do petróleo están a entrar nunha zona perigosa para a economía mundial”, declarou Birol ao Financial Times. “A factura do petróleo se está a converter nunha ameaza para a recuperación económica.” (…)
(…)
Segundo a AIE o consumo de petróleo medrará no 2011 un 1,5%, ata un record de 88,8 millóns de barriles diarios. Birol dixo que os países consumidores teñen que poñer da súa parte e reducir a súa dependencia do petróleo.
A AIE calcula que a factura petroleira da UE medrou nuns 70.000 millóns de dólares durante o 2010, o que equivale aos déficits xuntos de Grecia e Portugal. A AIE tamén advirte de que a ratio entre a factura das importacións de petróleo con respecto ao PIB dos países —un factor chave do custo do petróleo para unha economía— está chegando aos niveis que se deron durante a crise de 2008. “En 2010 xa soaron as primeiras alarmas e os niveis dos prezos en 2011 poderían disparar unha crise financeira como a que vimos en 2008”.
Estas advertencias contrastan cos declaracións dos responsables do FMI que descartaron hai uns meses que o aumento do prezo do petróleo fose coutar a recuperación económica.
Do que nos advirte Birol é do inminente segundo chanzo na coñecida caída pola escaleira do colapso económico da que moitos estudosos do Teito do petróleo teñen avisado.


Os prezos dos alimentos, moi ligados aos do petróleo tanto pola banda dos insumos do sistema agroalimentar mundial como pola competencia dos agrocombustibles, tamén entra en terreo moi perigoso: http://www.guardian.co.uk/business/2011/jan/05/world-food-prices-danger-record-high-un?CMP=twt_fd
…así que xa son 2 poderosos factores que apuntan a que a inflación vai ser protagonista este ano.
Hostia, tremendo espazo lle adican a este tema na prensa xeralista! http://www.diariovasco.com/v/20110106/economia/alto-precio-petroleo-amenaza-20110106.html