O Reino Unido está a considerar o racionamento de combustibles

Líamos hoxe que o parlamento británico ven de sacar un informe á luz pública onde se suxire un sistema de racionamento enerxético para facer fronte á previsible futura escaseza de combustibles, e de paso cumprir os obxectivos de redución de CO2.

O sistema proposto no informe polo think-tank The Lean Economy Connection para poñer isto en práctica, denomínase TEQ e funcionaría a base de tarxetas electrónicas que irían contabilizando os créditos de enerxía que cada cidadán tería e que serían de balde, pero que se irían gastando cada vez que se mercase un combustible, gastando máis se son enerxías non renovables. Aparte, terían que pagar o prezo do combustible. Cando se rematasen, os cidadáns terían que mercar outras cotas doutros cidadáns que gastasen menos. Isto poñería un tope á demanda en tempos onde a escaseza de oferta podería disparar os prezos nun mercado enerxético como o actual, ao tempo que aseguraría un abastecemento mínimo a todos os cidadáns.

Habería un comité estatal encargado de repartir semanalmente as cotas TEQ: un 40% de balde para os cidadáns e un 60% que sería subastado a modo dos bonos do Estado.

All party parliamentary group on PeakoilO informe foi encargado polo All Party Parliamentary Group on Peak Oil, a comisión parlamentar británica sobre o Teito do petróleo. Outra vantaxe do sistema proposto sería incentivar os modos de vida de baixo consumo enerxético e que usasen preferentemente enerxías renovables. O Reino Unido marcouse un obxectivo de reducir as súas emisións de anhídrido carbónico para 2020 nun 32% con respecto ás que producía en 1990. O informe considera que non é realista pensar en acadar ese obxectivo sen limitar o consumo enerxético, mesmo aínda que as enerxías renovables se desenvolvesen ao máximo.

En Australia tamén se está a experimentar cun sistema análogo.

O Financial Times fíxose eco da nova, salientando a súa relación co Peak oil.

3 thoughts on “O Reino Unido está a considerar o racionamento de combustibles

  1. 26 Xaneiro, 2011 at 11:44 a.m.

    Acabo de hacer un primer análisis sobre el tema en mi blog.

  2. 28 Xaneiro, 2011 at 9:21 p.m.

    Gracias por el análisis, Antonio. Recomendamos que nuestros visitantes vayan a tu blog a leerlo completo, pero nos gustaría resaltar lo siguiente:

    El informe está trufado de frases demoledoras cargadas de un realismo hiriente. Por ejemplo: Página 18: “…la cancelación de las TEQ se produce al mismo tiempo que el pago en dinero, como parte de la misma transacción. Éste es un sistema con niveles de ruido y administración reducidos, que permite que la gente se concentre en el desafío de vivir dentro de un descenso abrupto de la cantidad de combustibles fósiles disponibles”; Página 19: “El coste de alcanzar la reducción de la energía consumida será alto, requerirá cambios profundos en las vidas y en las expectativas, en el uso de la tierra y la tecnología, y en los patrones de la industria y el transporte. Más aún, la economía puede entrar en una recesión profunda por el efecto combinado del Peak Oil y el cambio climático. Los individuos y los hogares necesitarán por tanto todo el dinero que puedan conseguir para pagar la transformación.”; Página 25: “En resumen, es razonable concluir que estamos corriendo peligro. Habrá escasez de energía. No sabemos cuándo, pero que sucederá es indiscutible y no será en un futuro distante (Capítulo 5).”