Na nosa asociación comentouse hai uns días o ruxe-ruxe na industria do transporte de que é probable que en breve o gasoil estea preto dos 2 euros/l (agora anda polo 1,24 euros/l).
Está foi unha breve avaliación do noso compañeiro Xoán Doldán sobre que suporía ese prezo:
E as empresas de transporte por estrada? A ese prezo DESAPARECERÁN a non ser que os camioneiros conduzan 23,5 horas/día, coman por sonda o que prepararon na casa e meteron nun termo, e fagan as súas necesidades en cueiros reutilizábeis, e cobren a metade. Ou repercutan o sobrecuste nos prezos do servizo que logo se traslade ao sucesivos prezos de bens e servizos…é dicir HABEMUS (HIPER)INFLACIÓN.
E o gasoil agrícola? Como suba dese xeito veremos tractores parados e necesitaranse moita man de obra para traballar no agro (plantar, sachar, recoller…). Un dato para o recordo: en 2010 (cifras oficiais) había menos de 70 mil persoas ocupadas na agricultura galega (de un total de persoas ocupadas de 1,1 millóns —o 6%—); en 1985 había 475 mil (de pouco máis de 1 millón de persoas ocupadas —o 47%—), pero é que en 1969 eran unhas 600 mil (duns 1,1 millóns de persoas ocupadas —o 0,54%—)…e así sucesivamente. Eis o noso verdadeiro libro de familia, o noso cóntame…cando aínda non se usaba tanto gasoil.
5 reflexións sobre “Que consecuencias terá un gasoil a 2 euros/litro?”