Que hai por tras da suba da tarifa eléctrica?

Cartel apagón 15FHoxe está convocado un masivo apagón de protesta contra a suba do custo da electricidade para as familias (preto dun 10%) aprobado polo goberno español. Será ás 22:00 h e durará 5 minutos.

Para entender un pouco mellor que hai por tras deste encarecemento aprobado por decreto, que lonxe de procurar un necesario aforro do consumo apunta a incrementar os beneficios das compañas que monopolizan a oferta eléctrica en España, facémonos eco dun artigo aparecido no nº 98 do Novas da Galiza que contaba con explicacións do noso compañeiro Xoán R. Doldán, ex responsable do INEGA:

Segundo explica Xoán R. Doldán, para definir qual é o preço da luz toma-se como referência um custo “teórico” de produçom que se corresponde com o preço mais elevado das pojas de energia elétrica que tenhem lugar cada poucos meses.

O funcionamento destes leiláns é complexo. Segundo expom Doldán, após o inicio do processo liberalizador, as companhias elétricas tivérom que separar as diferentes partes do negócio elétrico para fomentar a competência, “ainda que esta competência é ficticia, pois na realidade som 3 grandes empresas mui vinculadas”, aponta a professor. Assim, se umha empresa contava com umha central elétrica tinha que separá-la do negócio da distribuiçom de energia ou da venda que se fai ao consumidor final. Com este esquema, ocorre que tenhem que dar relaçons de compra e venda entre estas empresas (…)

Nestas pojas “as empresas produtoras procuram vender por cima dos custos de produçom, enquanto as distribuidoras procuram a energia elétrica mais barata”, expom Doldán. (…) O leilám fecha-se com a energia mais cara de todas, e é este último preço que se pom como custo de produçom para todas, incluidas as mais baratas. Quer dizer, um custo falso.

Com a liberalizaçom do setor elétrico tentava-se também que os consumidores domésticos de eletricidade escolhessem entre as diversas ofertas que vinhessem das companhias elétricas, mas o real é que no oligopolio reinante neste setor as diferenças som mínimas. E por outro lado, a capacidade de negociaçom de umha familia com estas empresas é nula. Doldán acrescenta que nom acontece o mesmo com os grandes consumidores que se encontram numha boa posiçom para obterem preços mais baixos. “E como som compensados estes preços mais baixos? Pois com preços mais altos a outros clientes”, expom o professor. Todo um exemplo de umha sociedade de desigualdades para a qual caminha este neoliberalismo selvagem.

Captura do web de Gas Natural FENOSA
Captura da capa do web de Gas Natural FENOSA cunha mensaxe que promove ideas anticientíficas e o culto relixioso ao progreso infinito

2 thoughts on “Que hai por tras da suba da tarifa eléctrica?

  1. Xoán Doldán
    16 Febreiro, 2011 at 10:58 a.m.

    Unha pequena aclaración ao publicado na entrevista. Quizás debido á unha deficiente claridade expositiva pola miña parte, fálase das subhastas trimestrais de electricidade, pero non se indica a existencia dunha subhasta diaria nun mercado por xunto onde participan produtores, distribuidores, comercializadores de electricidade e consumidores cualificados de enerxía eléctrica. Aí dáse diariamente unha casación de oferta de xeración eléctrica contra demanda de electricidade, para as cubrir as necesidades do día seguinte. É este un sistema marxinalista onde o prezo para todas as centrais son fixadas pola máis cara que resulta casada. Dito doutro modo, o prezo da casación ven determinado en función dos custes da tecnoloxía máis cara e non da máis barata. E por certo, malia o que pensarán moitos esta tecnoloxía máis cara non é a das renovábeis senón, máis ou menos nesta orde de máis cara a máis barata, as centrais eléctricas de fuel, as de ciclo combinado, carbón, nuclear, grande hidráulica e réxime especial (é dicir, minihidráulica, eólica, fotovoltaica, biomasa…)