Pedímoslle ao noso compañeiro Manuel Amigo que desenvolvese brevemente para este blog as súas ideas acerca de como organizarmos a sociedade tras a Era do petróleo:
Un mundo sen petróleo tamén necesita unha organización social sen petróleo, e está claro que as actuais non valen, deben xurdir xeitos de organización locais que non só funcionen como colectores de ideas, reclamando servicios, ou intermediando entre parroquianos e institucións, senón que deben funcionar coma entes que fagan cousas tanxibles, e reais coma contratar e soster servicios sanitarios e educativos independentes do goberno que seguramente nos deixara abandonados, ou mesmo manter os servicios públicos mediante o traballo físico das persoas no mantemento de carreteras ou calles…
Se damos por suposto que unha redución na oferta enerxética vai traer consigo unha redución dos servicios sociais que os gobernos ofrecen a poboación, a laboura de intermediación que grupos politicos,
institucións, asociacións etc. fan reclamando milloras, infraestructuras, ou alertando sobre deficiencias ou carencias en determinados servicios vaise tornar perfectamente prescindible e inviable.Por tanto a imaxen e semexanza do que fan as asociacións de elite como por exemplo Véspera de Nada, os seus asociados o mesmo tempo que se dedican a expandir a Malanueva, fan experiencias de agricultura natural, permacultura, eficiencia enerxética e procuran dalas a coñecer, eche unha asociación que fai cousas intanxibles e tanxilbles polo tanto eche una Asociación Post-Carbón ó xeito.
Pero entendo que como moi ben di Manuel Casal na súa contestación a un artigo aparecido en Rebelión as asociacións que non sexan conscientes do que se aveciña cando se den de conta os borregos pasarán de eles como da merda xa que nos tempos de bonanza non fixeron nada e nos tempos de miseria nada fixeron.
Entón e de vital importancia que sobre a base de Asociacións e entidades que teñan certo respaldo social se senten as bases das Asociacións Post-Carbón, que poden chegar a ser entes que non só xestionen o intanxible se non que sexan entidades capaces de facer a xestión da terra mediante o arrendo de terras de cultivo, a xestión das sementes, a formación en xeitos de cultivo naturais, a xestión de traballo das persoas, os usos en común do factor traballo para a construción de casas eficientes enerxeticamente, a xestión de centros escolares e médicos abandonados polas administracións, a xestión da seguridade, os servicios públicos, o mantemento das infrastruturas…
As asociacións deberían de recoller o testigo dun goberno que en canto as cousas se poñan malitas certo coma que as ratas sempre son as primeiras en abandoar o barco deixarannos na estacada, un exemplo témolo na URSS cando estoupou coma unha castaña.
5 reflexións sobre “«Un mundo sen petróleo tamén necesita unha organización social sen petróleo»”