A tirar pola manta das mentiras nucleares

Central nuclear de Lemoiz, en BiscaiaA raíz dos sucesos en Xapón estase a vivir en todo o mundo un reavivado debate sobre a enerxía nuclear. Ecoloxistas en Acción achegou recentemente unha crítica aos datos falsos que está a fornecer á sociedade o goberno español do PSOE. Desde Véspera de Nada queremos seguir a tirar pola manta de todas as mentiras e datos trampulleiros que envolven a cuestión nuclear, con esta achega de Xoán Doldán:

Cando din Ecoloxistas en Acción, que:

“En términos de energía primaria, que incluye las pérdidas en generación y distribución, la nuclear llega a representar el 10,5% del total de la energía utilizada en España. Esta diferencia demuestra a su vez la escasa eficiencia de dicha energía, ya que para obtener una satisfacción final del 3,83% su requerimiento se multiplica 2,5 veces.”

Explícase porque para o cómputo da enerxía primaria séguese, no caso da nuclear, un criterio diferente ao doutras enerxías:

  • Na hidroeléctrica , por exemplo, na hidroelectricidade, esta será a electricidade xerada nos alternadores impulsados polas turbinas de auga. Este principio contábel de considerar só a electricidade xerada tamén se fai para eólica, fotovoltaica…
  • Na nuclear o procedemento contábel para estimar é en función da calor producida e non a electricidade xerada. Aínda cando esa calor residual non é aproveitada.

Polo tanto, de usar o mesmo criterio que para as renovábeis, na aportación á enerxía primaria da nuclear moveríase en cifras que serían menos da metade. Precisamente esa calor, que despois de mover as turbinas, resulta residual, é a manifestación desa ineficiencia.

Estes xogos contábeis fanse tamén para facer pasar por “nacional” e contribuír logo á “independencia enerxética”, ao combustíbel nuclear. Para isto o que se considera enerxía primaria como “combustíbeis nucleares” no é o mineral de uranio de seu senón o contido de material fisionábel que é o que alimenta as centrais nucleares. É dicir, é a enerxía obtida do mineral de uranio despois do proceso de purificación e/ou
enriquecemento. Deste modo conséguense dúas cousas:

  • Converter unha enerxía importada (uranio) en enerxía “nacional” xa que as plantas de tratamento do uranio (purificación e enriquecemento) están nos países occidentais. Deste modo dependemos do uranio pero facemos ver que non dependemos do combustíbel nuclear. Curioso, non é?
  • Incrementar o peso da enerxía nuclear dentro da enerxía primaria xa que o uranio enriquecido ten moitísimo máis poder calorífico que o uranio natural.

One thought on “A tirar pola manta das mentiras nucleares