Preséntanse mañá en Compostela os libros de Ramón Fernández Durán sobre o colapso do Capitalismo

«La quiebra del capitalismo global: 2000-2030. Preparándonos para el comienzo del colapso de la civilización industrial» e «El Antropoceno. La expansión del capitalismo global choca con la biosfera» son os dous últimos libros publicados por Ramón Fernádez Durán, destacado autor e activista, membro de Ecologistas en Acción, que publicara hai uns anos un dos textos de refrencia en castelán sobre o Teito do petróleo: «El crepúsculo de la era trágica del petróleo: Pico del oro negro y colapso financiero (y ecológico) mundial» (pódese descargar de balde en formato PDF).

Fernández Durán presentará Presentaranse estes libros mañá sábado 2 de abril, ás 20 h, no local de Verdegaia e Amarante na rúa Romero Donallo de Compostela, por parte de compañeiros de Ramón, a quen se lle fará tamén no acto unha homenaxe.

Homenaxe a Ramón Fernández Durán Compostela

Máis información, no web de Verdegaia.

2 reflexións sobre “Preséntanse mañá en Compostela os libros de Ramón Fernández Durán sobre o colapso do Capitalismo