O Decrecemento a debate mañá xoves no Atreu (A Coruña)

Mañá participamos no debate organizado pola Escola Popular Galega encol do Decrecemento. Será ás 20:30 h no Centro Social Atreu de Montealto, na Coruña.

Decrecemento a debate no Atreu

Como punto de partida acerca da cuestión podemos apuntar unha recente entrevista publica por GalizaLivre: Casal Lodeiro: ‘O colapso civilizatório já começou e cumprem respostas urgentes’ e como referencia das posicións críticas co Decrecemento por parte do outro intervinte, o web da organización A Forxa.

13 thoughts on “O Decrecemento a debate mañá xoves no Atreu (A Coruña)

  1. 15 Abril, 2011 at 12:35 p.m.

    O debate de onte na miña opinión foi moi interesante. Mágoa non ter feito se cadra outro previo sobre a cuestión do Teito do petróleo, que para min é impresicindible para comprender a inevitabilidade dun decrecemento (con minúscula, como feito) e a conveniencia dun Decrecemento (con maiúscula, como movemento).

    Quedaron cuestións no tinteiro que comentar da intervención do compañeiro de A Forxa, e se cadra poderiamos empregar este post como lugar onde continuarmos dalgún xeito o debate.

    Eu tirei algunhas conclusións do debate:

    Confirmei que hai 2 actitudes xerais fronte á noticia dun inevitable descenso enerxético:

    A que é refractaria aos datos e ás leis da Física e mais da xeoloxía e pensan que “algo inventarán”, ou “xa aparecerá outra enerxía”. É dicir, como sempre fomos a situacións de máis crecemento, iso quere dicir que sempre seguirá a ser a si. O tecnoutopismo, a fe sen base científica no progreso continuado da especie humana, o poder máxico do capitalismo para superar calquera atranco físico…
    Unha actitude máis aberta a considerar a posibilidade dun decrecemento organizado que implique un retorno masivo ao campo, que prantexa dúbidas acerca das posibilidades doutras enerxías paliar ou suplir a carencia do petróleo.

    Sen comprender a situación de crise entrópica á que se enfrenta a nosa especie e a debilidade estrutural da presente civilización, e sen coñecer como e por que outras civilizacións anteriores teñen desaparecido na historia, amosando que o progreso non é un fenómenos histórico liñal e irreversible… é imposible cadrar na estratexia precisa. Sen concordar minimamente na análise da situación, non hai acordo posible na estratexia que seguir.

  2. 15 Abril, 2011 at 12:40 p.m.

    Este recente post do compañeiro Antonio Turiel poderá ilustrar a aquelas persoas que se preguntan se as renovables son unha solución ao problema enerxético ao que se enfronta a nosa civilización: http://crashoil.blogspot.com/2011/04/por-que-las-renovables-no-van-resolver.html

  3. 15 Abril, 2011 at 1:02 p.m.

    A referencia que acheguei ao interesante comentario de Antom Santos sobre as críticas de tipo político que se facía ás Transition Towns, é The Transition Towns Movement; its huge significance and a friendly criticism, o autor, Ted Trainer:

    Dr. Trainer is Senior Lecturer, School of Social Work, University of New South Wales (Australia); lecturer and author of books regarding the transition to a sustainable society. Trainer is the organizer of “The Simpler Way: Analyses of global problems and the sustainable alternative society” (… environment, limits to growth, simpler lifestyles, self-sufficient and cooperative communities, and a new economy.)
    .

    Este é un dos seus traballos máis coñecidos: Can Renewable Energy Sources Sustain Affluent Society?

  4. 16 Abril, 2011 at 12:15 p.m.

    Resúltamente especialmente triste (e ao tempo, irritante) comprobar como xente que se supón racional e que tenta defender o carácter científico das súas propostas políticas, argumenta que o que explicamos acerca das consecuencias do Teito do petróleo, non cre que vaia suceder, simplemente… porque nunca antes sucedeu.

    Escoito repetidamente a xente de esquerdas dicir que levan moito tempo escoitando que o capitalismo vai morrer e que se vai producir tal ou cal catástrofe ou apocalipse (nos seus termos despectivos xa que os concienciadores sobre o peak oil raramente usamos eses termos)… e que ao final nunca sucede. Segundo a súa absurda lóxica como algo nunca sucedeu, non pode suceder, e como houbo N previsións antes que non se cumpriron, parece que non se poida cumprir ningunha.

    Como expliquei no Atreu, eu non podo falar de teorías acerca de catástrofes que non se cumpriron. Eu só podo falar desta que defendo, e non lle acho relevancia algunha a extrapolar fracasadas predicións anteriores que case nunca tiñan que ver co petróleo, a un asunto directamente relacionado con leis físicas.

    Non entran ao fondo da cuestión e tentan negar unha teoría baseándose en cuestións alleas á mesma. Algo moi pouco racional e moi pouco científico. Acho que esta actitude ten máis que ver co temor psicolóxico a ter que revisar profundamente certezas arraigadas na psique colectiva e individual, a ter que considerar como mito algo que se daba ata o de agora como certeza, e a ter que recoñecer que o ser humano non pode fuxir das leis naturais.

  5. Xoán Doldán
    16 Abril, 2011 at 4:46 p.m.

    Non me resisto a reproducir parte do artigo de MARCEL CODERCH “El cisne negro nuclear” publicado en El País (http://www.elpais.com/articulo/opinion/cisne/negro/nuclear/elpepiopi/20110414elpepiopi_11/Tes), onde fala da incredulidade diante da posibilidade de que poidesen suceder accidentes como o de Fukushima, e que é aplicábel a outro tipo de actitudes, como a que relatas, fronte ao teito do petróleo. Como fica ben explicado nese texto aí o deixo:

    “La teoría del cisne negro de Taleb se aplica pues a acontecimientos inesperados, que quedan fuera de las expectativas normales, ya sea en el ámbito científico, histórico, financiero o tecnológico, y que tienen un enorme impacto porque trastocan ideas básicas del tan admirado como discutible sentido común.
    La tesis del libro de Taleb (El cisne negro: el impacto de lo altamente improbable, Paidós, 2008) es que las consecuencias de estos acontecimientos muy poco probables son enormes; que por lo general están infravaloradas; y que, en realidad, no son tan improbables como pensamos, ya que al tratarse de acontecimientos poco comunes no disponemos de suficientes observaciones para estimar su probabilidad con cierta precisión. También nos explica Taleb que los humanos hemos desarrollado mecanismos psicológicos de defensa frente a la incertidumbre que sesgan nuestro raciocinio, haciendo que evitemos imaginar y prever aquello que no deseamos que ocurra. Todo ello nos aleja de la racionalidad a la hora de entender, prever y actuar en relación a estos fenómenos.”

    Fica dito.

  6. 17 Abril, 2011 at 9:06 p.m.

    Grazas, Xoán, por traernos esa pertinente cita. Tamén coido que viría ben aos que asistiron ao debate no Atreu ou a calquera outro que queira comprender os perigos que ameazan a continuidade da nosa civilización, repasar este post de hai un tempo: http://vesperadenada.org/2010/04/05/por-que-pode-ser-inevitable-a-morte-da-civilizacion/

  7. 19 Abril, 2011 at 8:31 a.m.

    Sobre o mencionado erro nas predicións de Malthus non tiven tempo de opinar no debate, pero para os que o seguiron gustaríame deixarlles este post para reflexionaren: http://vesperadenada.org/2010/03/26/o-erro-de-malthus/

  8. 19 Abril, 2011 at 8:33 a.m.

    …E tamén esta cita dun artigo de Charles Hall e John Day:

    Clearly even the most rabid supporter
    of resource constraints has to accept
    that the Malthusian prediction has not
    come true for the Earth as a whole,
    as human population has increased
    some seven times since Malthus wrote
    his article, and in many parts of the
    world it continues to grow with only
    sporadic and widely dispersed starva-
    tion (although often with considerable
    malnutrition and poverty). How has
    this been possible?
    The most general answer is that tech-
    nology, combined with market econom-
    ics or other social-incentive systems,
    has enormously increased the carrying
    capacity of the Earth for humans. Tech-
    nology, however, is a two-edged sword,
    whose benefits can be substantially
    blunted by Jevons’s paradox, the concept
    that increases in efficiency often lead to
    lower prices and hence to greater con-
    sumption of resources.
    And technology does not work for
    free. As originally pointed out in the
    early 1970s by Odum and Pimentel,
    increased agricultural yield is achieved
    principally through the greater use of
    fossil fuel for cultivation, fertilizers,
    pesticides, drying and so on, so that it
    takes some 10 calories of petroleum to
    generate each calorie of food that we
    eat. The fuel used is divided nearly
    equally between the farm, transport
    and processing, and preparation. The
    net effect is that roughly 19 percent
    of all of the energy used in the United
    States goes to our food system. Mal-
    thus could not have foreseen this
    enormous increase in food production
    through petroleum.

  9. begoña
    10 Maio, 2011 at 10:07 p.m.

    Hola Manuel, soy Begoña llegada a Betanzos hace pocos meses (de Zarzalejo-Madrid,otra localidad en Transición asesorados por Javier Zarzuela,te suena?) con muchas ganas de ver que Galicia pueda sumarse poco a poco al movimiento de Transición con soluciones alternativas locales ante el Decrecimiento.
    Desde que estoy aquí,voy comentando a unxs y otrxs sin reacciones por el momento,he tenido algún contacto con políticos locales pero están muy metidos en “sus”elecciones y no es momento?…
    Los lunes colaboro en una huerta ecológica local y hablando del tema alguien(Victor Boga de milloelandras) me recomendó que contactara contigo y dicho y hecho, me gustaría que me contaras que nivel de implicación hay en la zona o lo más cerca posible a donde yo estoy ya que me parece absurdo sumarme a iniciativas que me obliguen a estar consumiendo carburante sin necesidad.
    Quisiera iniciar algo a nivel local como el Banco del Tiempo por ejemplo, pero necesitaría apoyo,alguna sugerencia?
    Unha aperta! Begoña. Estación de tren de Infesta,Betanzos.(Te mandé este correo a casdero@degalicia.org pero estaba fallido?)

  10. 11 Maio, 2011 at 8:46 a.m.

    Sí, es que ese no es el email. Le falta una letra. Ya te envío el correcto. Bienvenida a Galicia, por cierto 🙂