Esquerda Unida asume as propostas de Véspera de Nada para preparar A Coruña diante do Teito do petróleo

César Santiso, candidato de EU á alcaldía de A CoruñaAs propostas que elaborou a nosa asociación de cara a cidade da Coruña afrontar as consecuencias da queda do petróleo, foron asumidas na súa práctica integridade pola candidatura de Esquerda Unida nas eleccións municipais, encabezada por César Santiso. A única suxestión que deixaron fóra —segundo explicaron, para ser abordada máis adiante— foi a da creación dunha moeda complementaria municipal. A continuación reproducimos o comunicado de prensa que enviaron onte aos medios de comunicación e as primeiras noticias aparecidas na prensa:

O CONSELLO COMARCAL DE EU CORUÑA ANUNCIA QUE DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS DARÁ CONTA DOUTRAS ACHEGAS DO TECIDO SOCIAL QUE A SÚA ORGANIZACIÓN INCLUIRÁ NO SEU PROGRAMA E, XA QUE LOGO, ASUMIRÁ A SÚA DEFENSA

ESQUERDA UNIDA ASUME AS PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN VÉSPERA DE NADA PARA GARANTIR UNHA TRANSICIÓN NON TRAUMÁTICA CARA A NUN FUTURO SEN PETRÓLEO NA CORUÑA

O COORDINADOR COMARCAL DE EU E CANDIDATO Á ALCALDÍA, CÉSAR SANTISO, AFIRMOU QUE “A CRISE ENERXÉTICA QUE ESTAMOS A VIVIR AVALAN AS TEORÍAS DOS CIENTÍFICOS DO PEAK-OIL, NOS ASUMIMOS A RESPONSABILIDADE DE MUDAR O MODELO PRODUTIVO”

O prezo do petróleo está subir exponencialmente nos últimos anos, moitas empresas están a pasar dificultades por non poder asumir os devanditos custes enerxéticos, mesmo a veciñanza sufre na súa economía doméstica o incremento do prezo do cru.

Diante desta situación de crise enerxética compre que os poderes públicos actúen con responsabilidade e apliquen as medidas necesarias para que as empresas sexan competitivas diante deste escenario.

Esquerda Unida asume as propostas da asociación Véspera de Nada para garantir unha transición non traumática cara a nun futuro sen petróleo na Coruña. Na seguridade de que aqueles que se anticipen a dita situación atoparanse cunha vantaxe estratéxica.

O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou que “a crise enerxética que estamos a vivir avalan as teorías dos científicos do peak-oil, nos asumimos a responsabilidade de mudar o modelo produtivo, ao contrario que outros que miran para outro lado e prometen miles de postos de traballo mantendo a obsoleta óptica produtivista e o modelo do ladrillo e o formigón”

A devandita iniciativa de anexar as propostas de outras asociacións ao programa electoral da coalición EU-V, corresponde a forma de entender a política participativa que ten o consello comarcal de EU Coruña, que anuncia que durante os próximos días dará conta doutras achegas do tecido social que a súa organización incluirá no seu programa e, xa que logo, asumirá a súa defensa.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

Casa do concello. A CoruñaPDF coas propostas asumidas por EU.

8 thoughts on “Esquerda Unida asume as propostas de Véspera de Nada para preparar A Coruña diante do Teito do petróleo

  1. Antonio Palma
    8 Maio, 2011 at 5:11 p.m.

    Noraboa para toda a asociacion, a perseverancia e a seriedade fixo fincapé na sociedade. Ogallá fique a proposta máis aló das eleccións.
    Apertas

  2. 8 Maio, 2011 at 5:30 p.m.

    Grazas, Antonio. Si, ogallá o asuman antes do 22 (ou despois) o resto de candidatos e así poida poñerse en marcha calquera qeu sexa o resultado electoral. É de agradecer que EU-OsVerdes fosen os primeiros en poñer o tema enriba da mesa e en lles falar aos coruñeses deste problema, pero os demais non poden agachar a cabeza e ollar para outro lado. Agardamos as respostas aos contactos que lles enviamos solicitando que asuman tamén as propostas.

  3. 8 Maio, 2011 at 10:17 p.m.

    Como podedes observar as titulares dos medios teñen un trasfondo descalificatorio o non entrar de cheo na proposta.

  4. Camba
    9 Maio, 2011 at 7:35 a.m.

    Co da pregunta de Llamazares aquela ao presidente español e con estas accións, está claro que Izquierda Unida se move e actúa sobre o peak oil. Lástima da pouca representatividade que teñen nas institucións, pero polo menos son unha voz necesaria nelas. A ver se acadasen tamén representación na Coruña para levar tamén alí a voz de denuncia sobre esta cuestión. Parabéns tanto a eles como a vós en Véspera por estes avances sen dúbida necesarios.

  5. bruno
    9 Maio, 2011 at 9:04 p.m.

    Sólo adoptan la propuesta en Coruña o en el resto del estado?

  6. 10 Maio, 2011 at 7:41 a.m.

    Enhorabuena, es un gran logro.

  7. 10 Maio, 2011 at 8:55 a.m.

    Bruno, que sepamos no hay noticias de que se haya asumido un plan así en ninguna otra ciudad. Pero quienes te deberían confirmar el tema serían la gente de IU.

    Antonio, tú también tienes que ver en este logro, pues hiciste buenas y pertinentes aportaciones al borrador del plan.

  8. Manuel Amigo
    10 Maio, 2011 at 10:02 a.m.

    Sinto vergonza axena po lo tratamento otorgado polos masmerda a este tema, en todolos casos fan un uso exquixito do manual da manipulación infomativa resaltando solucións puntuias pero sen informar do que teñen que paliar estas solucions producindo así o efecto chirigota, esto e que a xente se toma a coña unhas propostas de solución por que non saben que coño solucionan.

    Noraboa os masmerda.