Adeus a Ramón Fernández Durán, un referente do ecoloxismo social consciente do Teito

Ramón Fernández Durán

Onte 10 de maio morreu Ramón Fernández Durán, vítima dun cancro. Malia ser unha noticia esperada, non deixa de ser un duro golpe ademais de para todos os seus seres queridos, tamén para a xente que loitamos por concienciar á sociedade acerca do rumo insostible que levamos. Ramón publicou nestes últimos anos importantes textos acerca do Teito do petróleo e das súas consecuencias políticas, social e civilizatorias. O primeiro ensaio foi El crepúsculo de la era trágica del petróleo.

Convidamos aos nosos lectores a que coñezan a súa faciana humana por medio da súa carta de despedida, na que explica a súa decisión de morrer con dignidade, repasa a súa traxectoria militante e persoal, e presenta a súa derradeira obra, La Quiebra del Capitalismo Global: 2000-2030. Preparándonos para el comienzo del colapso de la Civilización Industrial. Convidamos tamén á lectura desa obra na súa versión electrónica, pois presenta unha moi valiosa ollada ao contexto actual que afrontamos a causa do Teito do petróleo, ademais de ser, en palabras do propio autor, o seu “testamento político-ideolóxico”. Velaquí algunhas mencións á cuestión extraídas da carta de despedida de Ramón:

(…) la Historia parece que se acelera, pues se ha puesto otra vez en marcha irresistible después de que nos alertaran en los noventa sobre el Fin de la Historia en el marco de la “globalización feliz”. Y esta nueva activación de la Historia viene también determinada cada vez más por la Crisis Energética, Ecológica y Climática que amenaza al Planeta y a las sociedades humanas. Sobre todo la primera, a corto plazo, pues el principio del fin de los combustibles fósiles, a punto de empezar, va a suponer una ruptura histórica total.

(…)

En los últimos 60-70 años (los de mi generación), el sistema urbano-agro-industrial mundial ha consumido grosso modo la mitad de los combustibles fósiles que disponía el Planeta. Y eso ya no puede continuar más tiempo, pues estamos a punto de iniciar el declive energético fósil. Y por tanto los escenarios que se aventuran para las próximas décadas van a ser a buen seguro muy duros, al menos en el futuro más cercano.

(…)

(…) la expansión hasta ahora imparable demográfica mundial, se frenará en seco cuando se inicie el declive energético, la Quiebra del Capitalismo Global y el colapso de la Sociedad Industrial, empezando muy probablemente un brusco descenso demográfico.

Queremos dar desde a nosa asociación a despedida ao compañeiro Ramón e comprometernos para seguir a espallar as súas mensaxes, que en boa medida tamén son as nosas.

2 reflexións sobre “Adeus a Ramón Fernández Durán, un referente do ecoloxismo social consciente do Teito