Nunha nova ocasión, convidados pola Escola Popular Galega, realizaremos un debate sobre Decrecemento e Teito do petróleo. Desta volta será no CS Aturuxo, en Boiro, e debateremos con xente da Escola e mais con Vítor Batalháns, do Ateneu Proletário Galego. Lembrámosvos que o título do ciclo de debates organizado pola EPG é: Decrescimento: Alternativa revolucionária ou escapismo? Nesta ocasión farase entrega aos asistentes dun caderno formativo coas visións de Véspera de Nada e do APG sobre a cuestión.
Esperámosvos o día 24, ás 20:30 en Boiro.
4 reflexións sobre “Este venres debateremos sobre Decrecemento e Teito do petróleo en Boiro”