Os Estados Unidos e o control do petróleo venezolano

Flight to IraqSegundo publica o xornalista Nil Nikandrov no Strategic Culture Foundation (Rusia) e recolle a Red Voltaire, os Estados Unidos estaría facendo plans para apoderarse dos recursos petrolíferos de Venezuela.

Aínda que as estimacións sobre as reservas de Venezuela estean sobrevaloradas no artigo, si hai unha coincidencia xeral en afirmar que Venezuela é na actualidade un dos países con maiores reservas de petróleo no mundo o que, diante dunha realidade como o teito do petróleo, converte a este país nunha das chaves do futuro enerxético mundial.

A política petrolífera e, polo tanto, a enerxética dos Estados Unidos e outras potencias económicas está deseñada con criterios xeoestratéxicos case desde o nacemento da industria do petróleo. Nos últimos anos, a medida que se evidencia unha maior necesidade de control das reservas petrolíferas para o mantemento do statu quo mundial, esta relación faise aínda máis evidente. Nil Nikandrov destaca que:

“La ahora permanente guerra de E.U.A contra Venezuela por el petróleo, comenzó en el mes de diciembre del 2002 cuando la gerencia del gigante petrolero venezolano PDVSA (Petróleos de Venezuela SA) se lanzó a la huelga involucrando alrededor de 20 mil personas”.

Marcha por la Dignidad, la Soberanía y la Integración que conmemoró el décimo cuarto aniversario del 4 de febrero de 1992, día de la rebelión bolivarianaDaquela pretendíase desestabilizar a economía venezolana co afán de provocar unha reacción social para cambiar o goberno e evitar que PDVSA pasase a ter un control público, deixando de comportarse como unha sucursal das petroleiras norteamericanas.

Desde aquela a situación venezolana viría a demostrar que: “el control estatal sobre las fuentes energéticas es en todos los casos, la clave para el mantenimiento de la estabilidad nacional”

Estaríamos diante dunha campaña difamatoria que pretende afondar no clima de sospeitas sobre Venezuela. Os intercambios con Irán, servirían para acrecentar a campaña de confusión e de difamación que serviría para tratar de influír nas eleccións presidencias de 2012. De acordo con esta hipótese:

“Estados Unidos está tratando de alimentar conflictos internos en Venezuela siguiendo un patrón como aquellos que estremecieron Túnez, Egipto y Libia, apoyándose en las redes sociales de internet, las ONG pro norteamericanas, grupos juveniles radicales y guerrilleros colombianos de las desmovilizadas Auto Defensas Unidas de Colombia, AUC”.

Chegado o momento, e segundo mantén Nil Nikandrov, de non ser suficientes outros medios mesmo se pensaría nun asasinato político que provocase un estoupido de axitación en Venezuela. A partir de aí: “El resto del plan es bastante predecible –la OTAN tendría el tristemente famoso Plan Balboa para el país”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *