O inevitable colapso do sistema financeiro (e o que nos fan pagar namentres)

Recentemente houbo dous artigos que comentamos na nosa asociación e que apuntan no mesmo sentido: o inevitable colapso do actual sistema monetario e financeiro mundial, a non moi longo prazo.

Un deles foi publicado no blog do economista británico Richard Murphy baixo o título É hora de prepararse para o inminente colapso bancario (e as súas consecuencias).

O outro é un repaso ás consecuencias do Teito do petróleo feito por Euan Mearns para o prestixioso web de análise do peakoil, The Oil Drum. Neste artigo explícase que:

O Teito do petróleo pode ameazar o sistema bancario e financeiro mundial xa que o esquema Ponzi de crecemento baseado na expansión do crédito requere un fluxo crecente de enerxía barata para alimentar a economía real. Cando ese fluxo de combustible barato secou, a economía real fallou e fixo emborcar o sistema mundial bancario de reserva fraccionaria que está no corazón deste esquema Ponzi.

O noso compañeiro Xoán Doldán, novo presidente de Véspera de Nada, explícanos qué significa isto no contexto actual, en termos moi clariños:

Está claro que o sistema financeiro e monetario actual está caput. Non se pode manter como até agora nin de coña. Hai precedentes en diferentes momentos. Bretton Woods foi un exemplo de posguerra mundial na que se impuxo o novo líder mundial ligando a cotización do ouro e do dólar. Cando este sistema fracasou a mediados dos 70 substituíuse polo actual onde o ouro foi mandado a facer puñetas cando o dólar xa non podía manter a súa cotización con respecto ao metal. Así que liberouse a cotizacións das moedas e a súa flexibilidade cambiaria, dando lugar a un sistema monetario onde xa non había soporte material nin reservas de ouro ou divisas que garantisen a convertibilidade. O diñeiro convertido en pura mercadoría onde o sentido da súa compra-venda obedecería a cuestión fundamentalmente especulativas. Cando nos anos 90 se eliminan as restricións aos movementos de capitais ábrese a espita da multiplicación dos pans e dos peixes das formas de diñeiro e da especulación incontrolada, onde calquera mecanismo de control monetario e financeiro por parte dos países pasa a ser pura fantasía. No caso da UE isto agrávase na medida en que moitos países perden a súa propia moeda e os poucos resortes de control que ficaban nas súas mans.

Agora sabemos que separar o financeiro da base material da economía foi posíbel durante un tempo pero é imposíbel no medio ou longo prazo. De momento o poder financeiro e os seus empregados e representantes, que non son outros que os representantes políticos nos diferentes parlamentos, están a “reformar” a economía para expropiar mentres poidan o patrimonio que fica en mans dos Estados e das institucións públicas, ao tempo que acrecentan os mecanismos de opresión e explotación das clases traballadoras, familias e pequenos empresarios, para cubrir as enormes perdas ocasionadas no casino capitalista. É a súa guerra e nós as súas vítimas, así que o farán mentres poidan ou mentres os deixemos. Eles non pararán até que haxa non só síntomas de resistencia senón unha resistencia real manifestada en todos os ámbitos. Poderán manter certo tempo o sistema financeiro e monetario baixo esa continua opresión e expropiación pero co obxectivo de acrecentar a concentración do capital financeiro.

Desde a perspectiva do conxunto dos pobos a solución é outra e non coincide con esta nin con outras que se poidan formular desde o poder actual para reconducir o sistema. E esa saída alternativa debería pasar por recuperar a soberanía perdida en materia monetaria e financeira, en gravar, controlar e reconducir os movementos financeiros internacionais, en evitar e penalizar a emisión de diñeiro bancario, na recuperación de formas de emisión de diñeiro vinculadas á base material da economía, etc. Evidentemente todo isto significa cambiar o rumbo xeral da economía actual e da que se promoveu todos estes anos que, compre non esquecelo, é o que nos trouxo á(s) crise(s) que estamos a vivir hoxe.

7 thoughts on “O inevitable colapso do sistema financeiro (e o que nos fan pagar namentres)

  1. 23 Xuño, 2011 at 4:12 p.m.

    Opino que crearmos unha moeda complementaria galega con base enerxética, e un sistema de crédito mutuo sen xuros, sería moi útil de cara a aumentar a resiliencia da sociedade galega neste contexto de previsible colapso. Está visto que dependermos de moedas creadas e deseñadas por outros prívanos dos medios para o noso propio futuro.

  2. Aldeano ourensán
    28 Xuño, 2011 at 12:49 p.m.

    Estoy totalmente de acuerdo con Euan Mearns, la moneda fiduciaria es papel mojado. Estamos en la cresta de la ola.
    Lo gordo vendrá cuando China deje de crecer por el precio del crudo. Ahí es cuando se liará parda. Veo un dolar perdiendo mucho valor.
    La verdadera causa de la guerra de Irak, fue que Sadam quiso vender sus barriles en euros. Por eso no hubo resolución de la ONU. Y Francia y Alemania no lo apoyaron.

    Los políticos no van a reformar la economía para robar las propiedades del estado, como dice el artículo.
    Lo que van a hacer es privatizar empresas públicas para librarnos de la deuda pública. La deuda ya la tenemos. Somos pobres aunque no lo veamos. No por nuestra deuda pública que sólo es el 60% del pib, sino por la privada de empresas y particulares. Los políticos soló van a hacer caja, mientras esperan a que remonte la economía y el déficit se disipe.
    El agujero ya existe. Si colapsan los bancos, colapsan las economías por eso hay que rescatarlos.
    El problema es que como no haya sangre (petroleo), la economía no remontará.
    Mi pregunta es, ¿quien explota a las clases trabajadoras?
    ¿El pequeño empresario que trabaja codo a codo con sus empleados?
    Las grandes corporaciones monopolísticas que imponen trabas burocráticas a la libre competencia, en connivencia con los poderes públicos.
    El problema son las administraciones públicas. Y el propio sistema democrático. La democracia es perversa en si misma.
    Recuperar la soberanía monetaria es la solución, pero si se hace mal puede ser un remedio peor que la enfermedad.
    La solución pasa por la obligación de que los bancos operen con reserva fraccionaria del 100% para depósitos y cuentas a la vista, establecer un patrón euro-oro.
    Y como medida provisional durante un tiempo separar la banca financiera de la banca comercial. Eliminación del BCE y tipos de interés fijados por el libre mercado.
    Otra solución es la privatización del dinero, la creación de monedas locales acuñadas en oro y plata.
    Y la creación de cooperativas de crédito o bancos que operaran con reserva del 100% para depósitos y cuentas a la vista.
    De esta forma se acabarían las crisis debidas a la expansión artificial del crédito (boom), y su posterior contracción (crisis).
    Sólo el libre comercio siguiendo estas reglas trae riqueza.
    Calquera idea que pase pola autarquía financeira, solo nos levará a alimentarnos de patacas, castañas e criar porcos e galiñas na aldea.

    Como dice Richard Heinberg se verán conflictos bélicos por los recursos que queden y la gente seguirá hablando de otras cosas.

    La burbuja y posterior contracción existe desde hace muchos años. Es una de las formas de expolio al pueblo llano.
    El problema es que esta crisis ha venido para quedarse.

    Parafraseando a Keynes, el largo plazo ha llegado y estamos vivos.
    ¡Que estúpidos hemos sido! el estado no era la solución sino el problema.

  3. Xoán Doldán
    1 Xullo, 2011 at 7:30 p.m.

    Unha matización ao comentario anterior, eu non afirmo que:

    “os políticos van a reformar a economía para roubar as propiedades do estado”

    senón que afirmo que:

    “o poder financeiro e os seus empregados e representantes, que non son outros que os representantes políticos nos diferentes parlamentos, están a “reformar” a economía para expropiar mentres poidan o patrimonio que fica en mans dos Estados e das institucións públicas, ao tempo que acrecentan os mecanismos de opresión e explotación das clases traballadoras, familias e pequenos empresarios, para cubrir as enormes perdas ocasionadas no casino capitalista”.

    É dicir, quen dita a “reforma” é o poder financeiro e quen a executa é o poder político delegado. E, como ben afirma vostede, debido non tanto á débeda pública existente como pola privada de empresas e particulares. Velaí o mecanismo de expropiación, a conversión do que viña sendo débeda privada en débeda pública. Por manter vivo un sistema financeiro ruinoso (en principio para si e para aqueles a quen arrastraron no casino capitalista) os estados vense obrigados a financiar a estas entidades para o que deben emitir débeda pública, así como para cubrir as caídas na recadación fiscal logo de ter eliminado os mecanismos de tributación para as grandes fortunas e patrimonios, os impostos directos progresivos en favor de impostos indirectos regresivos que, ligados a fenómenos como o consumo, vense reducidos nunha época de recesión económica, de perda de renda e de capacidade adquisitiva da maior parte da poboación. Como os compradores dos títulos da débeda pública son as mesmas entidades que houbo que rescatar, para o que obteñen liquidez do Banco Central Europeo a tipos de xuro máis baixos dos que percibirán pola débeda pública. Deste modo o diñeiro transita de mans públicas a bancos e destes de novo a mans públicas, e nese tránsito está o negocio bancario e a fraude da conversión dos bancos de endebedados en acredores, mentres que os estados pasan de acredores a debedores. E por arte de birli birloque o que era débeda privada pasará a ser débeda pública.
    Por todo isto hai quen se pregunta, con toda a razón, de se tras o “salvamento” a Grecia o que se pretende salvar é á economía grega ou aos bancos. E por iso, mentres aumenta a taxa de suicidios entre a poboación grega, os mercados financeiros baten palmas e festexan esta nova espoliación que en nada debe envexar a que, no seu día, se fixo da Acrópole.

    Deste modo, concordo e disinto da afirmación de que:

    “El agujero ya existe. Si colapsan los bancos, colapsan las economías por eso hay que rescatarlos”

    Concordo en que existe o burato e que o colapso dos bancos leva –entre outras cousas- ao colapso da economía. Quizás do que non queremos decatarnos é de que ese colapso non está por vir, ese colapso xa aconteceu. E, insisto, entre outras cousas, isto trouxo estoutro colapso económico no que xa vivimos. Tampouco este é un futuríbel senón o máis terríbel dos presentes.
    E se había que rescatalos –aos bancos-, cousa que non é tan autoevidente, xa se fixo. Por qué un novo rescate?. Mentres se afunde este Titanic, semella que tentamos tapar os buratos en vez de poñernos a salvo, ver cómo facer para salvar á maior parte da xente cando non hai lanchas para todos, cómo procurar construír co que temos algún atrafallo que manteña a flote e nós saque destas xélidas augas. Pensar en reflotar o que está condenado a afundirse e pensar en que a orquestra poida seguir a tocar non deixa de ser máis que unha ilusión inútil. É por isto polo que disinto da teoría do rescate.
    Ao que se suma o problema do teito do petróleo que, seguindo coa metáfora do barco, nos ven a dicir que mesmo cando fósemos capaces de reflotalo non poderíamos movelo do sitio, e cada vez teríamos menos posibilidades de manter coa mesma intensidade o subministro eléctrico no seu interior. Daquela o barco tería que deixar de ser o grande transatlántico de luxo para se converter nun buque cidade ancorado onde habería que reconstruír todas as relacións sociais, onde habería que aprender a pescar para seguir comendo, onde as cousas se complicarían moito se decidimos seguir apostando polos bailes de gala e os paseos por cuberta como modo de vida permanente.
    O teito do petróleo mesmo nos axuda a entender o colapso financeiro, nunha economía que fixo dun artificio inmaterial o soporte de todo o tramado socioeconómico e que, co petróleo, atopou un deses límites físicos que se negaban a admitir. Un pico no que pincharon (e pincharán) moitas burbullas.

  4. 2 Xullo, 2011 at 2:02 p.m.

    Moi interesante o símil do Titanic parado para sempre… o malo é que o barco está furado así que nin para cidade flotante nos vale :-((

  5. 2 Xullo, 2011 at 2:03 p.m.

    Grazas pola nova explicación, Xoán, de como a débeda privada se está a converter en pública. O maior roubo da Historia, sen dúbida, e os criminais todos os días a sorrir nos televisores!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *