Como os novos «señores» (do capital) se están a facer coas nosas terras

(Unha conversa de Manuel Amigo e Xoán Doldán.)

Manuel Amigo:

Onte estiven a falar un anaco cun cliente do taller, gandeiro posuedor de moitas cabezas de gando e moitos ferrados de terreno. Falamos de que a gandeiria de leite vai para o carallo, que a seca de primavera vai reducir a metade a producción de herba e millo, e que van ter que mercar máis pensos compostos, que as vacas van ter que ir pastar fóra se queren, e que se van dar a metade pois terán que dar a metade… Falamos que cambiar as praderas vai costar cartos e tempo, e falamos de cartos: están todos empeñados ata as orellas. O crédito está cerrado, tramítanse só a traves de ICO e o IGAPE, peeeeero… se pides un credito e o avalas coa casa, a cuadra, o tractores ou mesmo cos abuelos ou cos fillos non che dan un peso; agora ben, se o avalas con TERRAS non hai ningún problema e o carto flúe coma a auga cara a túa conta.

Señores: os que mandan están cambeando os papeliños de colores por cousas moi tanxibles. Isto precipítase, e —por certo— sabedes quen e o segundo tenedor de terras cultivables en España despois da Duquesa de Alba? Empeza por Bo e termina por tin.

Xoán Doldán:

Foto aérea campo galego

Xa o dicían os vellos e vellas deste país, “a terra é o último do que un se desfai”. Con todo o traballiño de séculos que necesitaron para facerse coa propiedade que estaba en mans de señores e clero (só despois de 1929 coa redención dos foros que permitía que, pagando, as familias labregas se fixeran coas terras que traballaban de sempre); tanta débeda que contraeron para poder pagar unhas terras que traballaran durante xeracións, tanto cacique ao que pediron prestado e que o día de pagar desaparecían para dar por non saldada a débeda e quedarse coas terras das familias labregas e grazas ao que algúns se fixeron terratenentes (verídico, en moitos lugares de Galiza e, particularmente, na zona de Bergantiños de onde son eu); tanto emigrar e tratar de facer as Américas para poder pagar esas débedas; tanto soportar a crítica urbana de que “os paisanos son capaces de matar por un rego de terra” ou que “están sempre metidos en pleitos pola terra” mentres que non había inconveniente en “ir a la aldea” a encher o maletero do coche de patacas, verdura ou o que lle puxeran por diante, ás veces como pagamento por “levar” eses mesmos pleitos ou atendelos, como era obriga, na administración ou no médico; tanto dicir que a terra está sobrevalorada porque a xente pide miles e moreas por un anaquiño de terra que non vale para nada “pero que a mi me venía muy bien para hacerme un chalecito de fin de semana, o vivir en una casita con jardín cerca de la ciudad”

E ao final os novos señores (do capital) queren facerse de novo coas terras. Que pouco durou este soño… tal día como hoxe pouco máis de 80 anos. Aínda viven os fillos e fillas de moitas familias que, por primeira vez, poideron deixar en herdanza esas terras. Para que agora a leven os bancos.

Cousas de Castelao
Non son pastores de Belén; son labregos que van pagal-os foros.

Cousas de Castelao
¡ Un padrenostriño para que Deus nos liberte da xusticia !

Ligazóns relacionadas con esta cuestión:

6 thoughts on “Como os novos «señores» (do capital) se están a facer coas nosas terras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.