(Un artigo de Manuel Amigo.)
Dame a impresión de que nun futuro proximo a xestion do común ten que estar en mans de entes moito máis pequenos, eficientes e próximos ao cidadán e que o propio cidadán terá que tomar parte activa directamente neses entes. Por iso cada día dou grazas a Deus por poñerme no mundo nunha zona rural en Galicia.
Penso que estes entes que nos desgobernaron ata agora, sacando pingües beneficios persoais deste feito, foron un punto de atracción de todo tipo de delincuentes especializados en todo tipo de actividad delictiva que normalmente acaba en -ción: prevarica-, especula- , corrup-, e chegado o momento do colapso só quedarán no barco as ratas maiores que están a xestionar o tránsito deste país cara a miseria.
Entón partindo da base de que ningún dos elementos que nos goberna tanto en Madrid como en cada un dos califatos montados ao uso, está cualificado máis que para roubar, temo que seremos os propios cidadáns os que teremos que asumir máis cedo ca tarde o pouco que quede do estado do benestar e escomenzar a implementar ferramentas que nolo permitan.
Penso que mesmo os Concellos que en teoría son os elementos de goberno máis próximos ao pobo quebrarán por miles e farase algo parecido ao que se fixo nun principio coas Caixas de Aforros: irán fusionando concellos coa excusa de optimizar os recursos, os Concellos máis pequenos desaparecerán e os alcaldes e corporacións corruptas e prevaricadoras marcharán pra súa casiña cos petos cheos, mentras funcionarios, empregados e fornecedores quedarán na puta rúa ou quebrados.
Producirase un baleiro de servizos públicos que escomenzará na nosa mesma porta da casa con recollidas do lixo máis espalladas ou directamente eliminadas, supresión do transporte publico para os escolares, eliminación da xornada partida do colexio para evitar os comedores escolares, eliminación de ambulatorios e mesmo centros de saúde, etc. etc.
Por iso sería necesario que a nivel rural nos escomenzásemos a organizar, sería interesante que escomenzásemos a intentar levar a mala nova ás asociacións de veciños, APAS, benificiencia, etc. e darlle as pautas a esta xente para escomenzar a facer unha transición totalmente ao marxe dos actuais elementos gobernantes, unha transición que incluirá sen dúbida a asunción por parte desas entidades dos servizos públicos que os entes que nos desgobernan abandonarán.
Isto non quita para que en algún sitio onde por algún desaxuste sideral lle tocara unha Corporación Municipal seria, estes mesmos entes pacten co seu Concello para levar as cousas a bo término.
De todos os xeitos eu penso que no rural —e debido precisamente a que teremos que voltar a facer tareas agricolas de xeito común— xurdirán xeitos de organización que recollerán dalgunha maneira os antigos xeitos de organización rural, que penso que acabará sendo o sistema economico do futuro.
Das grandes urbes penso que a súa baixa resilencia fai que a rapidez coa que terían que ser tomadas medidas paliativas para asegurar un mínimo estado de benestar debería ser inmediata. Nembargantes teño a impresión de que os alcaldes das grandes cidades están absolutamnte afastados da realidade e viven no mundo virtual dos políticos de élite, demasiado próximos aos verdadeiros poderes económicos como pra facer calquera cousa que lles desagrade: son colaboradores necesarios no tránsito cara a miseria imposta.
Son consciente de que en ambientes rurais as imos pasar moi putas. Cóntame que a situación social estase a degradar fortemente case que en toda a Costa da Morte pero dende logo penso que a xentiña da Costa da Morta vai a estar cen mil veces millor que calquer parroquiano de calquer arrabal de calquer urbe deste país de merda.
Dos GHDLGP dos politicos non vou a dicir nada. Eles seguen á perfección o guión que lles deron: agora entrará o señor Rajoy respaldado pola estúpida esperanza da plebe de que os partidos da dereita son os que nos sacan das crises e coa excusa do mal que o fixo Zapatero procederá a sacar a motosierra e continuar coas reformas tan necesarias para asegurar a supervivencia dos xefes, cuestión que a plebe asumirá de bo grado (supresión de dereitos laborais, absoluta precaridade no emprego, impostos inxustos, poder absoluto do empresario fronte o traballador, economía sumerxida xeralizada, mexicanización da economía, etc. etc.) pois devece por voltar o antes posible ao estadio anterior. Logo devecerá por vivir de xeito decente, e logo por vivir ou —máis ben— sobrevivir.
E mentres, os que mandan xa terán todo atado e ben atado: a crise pasará de ser unha situación puntual e transitoria para ser a situación de facto e todos viviremos alegres e contentos coa nosa cunca de caldo tranxénico nun mundo feito a maior gloria por fin de ricos e poderosos.
Buenas noches y… buena suerte