Liamos a semana pasada as primeiras difusións que a prensa mainstream facía da edición 2011 do informe anual WEO da AIE: La AIE alerta de un futuro energético insostenible con el petróleo a 150 dólares, titulaba un xornal navarro, por poñer un exemplo. Porén, se analizamos o informe desde un punto de vista crítico e consciente da realidade do Teito do petróleo, como ten feito Antonio Turiel nun magnífico repaso publicado no seu blog, veremos que os datos seguen a estar maquillados, mesmo dando unha volta máis de rosca á manipulación histórica desta entidade, dependente da OCDE. Aínda así non poden evitar lanzar unha apenas disimulada voz de alarma, unha vez máis, unha voz máis: o futuro enerxético que nos espera é moi sombrío.
2 reflexións sobre “Malia maquillar os datos no seu informe anual, a AIE alerta dun «futuro enerxético insostible»”