O Teito do petróleo, en Radio 3 de RNE

Onte, domingo 12 de febreiro, o programa de divulgación científica Fallo de sistema de Radio3 de Radio Nacional de España falou do Teito do petróleo. O programa contou con algunhas das voces máis autorizadas sobre a cuestión en España, como Pedro Prieto e Antonio Turiel.

O programa pódese escoitar e descargar en http://www.ivoox.com/fallo-sistema-episodio-32-peak-oil-audios-mp3_rf_1045042_1.html

Moi recomendable como introdución ao problema.

3 thoughts on “O Teito do petróleo, en Radio 3 de RNE

  1. Camba
    13 Febreiro, 2012 at 11:55 p.m.

    Teñen Twitter: non estaría de máis agradecerlles ter feito un programa sobre o asunto: @fallodesistema

  2. 14 Febreiro, 2012 at 12:04 a.m.

    Tes razón, Camba. Feito. A ver se cunde o exemplo.

  3. 14 Febreiro, 2012 at 9:26 a.m.

    Aínda que boa parte deste primeiro programa sobre a cuestión adícano a falar sobre a teoría da orixe abiótica do petróleo, pode valer como presentación do problema.

    Contén, tamén, algunhas imprecisións como a que na voz do presentador afirma que o descenso serán tan rápido coma o ascenso. Xa temos comentado neste blog que o da “2ª *metade* da era do petróleo” non vai ser en absoluto simétrico á fase previo ao Teito, debido á TRE (Taxa de Retorno ou Rendemento Enerxético). Polo tanto dá unha falsa impresión acerca do ritmo do colapso afirmar que o ritmo será semellante ao do ascenso pola curva de Hubbert.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *